O pasado venres 16 de febreiro os alumnos de infantil e primeiro de primaria asistimos a unha charla informativa sobre as avespas asiáticas. Aprendemos moitos cousas sobre esta especie invasora que está matando as abellas, pero o que máis nos gustou foi poder ver o niño das avespas e os traxes especiais que usan as persoas encargadas da súa eliminación.
Este luns , 5 de febreiro, estivemos traballando no horto da escola xunto cos nenos de 4 anos!. Visitamos o composterio e ata vimos varias miñocas. Despois de recoller o compós preparamos a terra da nosa parcela no horto. Tamén aprendemos moitas cousiñas das necesidades das plantas.