Ed. infantil
Para a celebración do magosto fixemos unhas caixiñas moi xeitosas que empregamos para levar as castañas!!.
Pero o mellor de todo foi a degustación posterior das castañas!!
A través do xogo reforzamos contidos matemáticos: Asociamos número e cantidade e repasamos as formas xeométricas.
CONTINUANDO COA INTENCIÓN DE MOSTRAR ÁS FAMILIAS O NOSO TRABALLO DIARIO, ÍMOSVOS ENSINAR UNHA ACTIVIDADE QUE ACOSTUMAMOS A FACER CADA VEZ QUE PRESENTAMOS UNHA NOVA LETRA. PRACTICAMOS A FACELA TODOS XUNTOS E POR QUENDAS NO ENCERADO DIXITAL.
DESTA VEZ TOCÁBANOS A LETRA "m" E MIRADE QUE BEN NOS VAI SAINDO...!!
NON DEIXAMOS DE LADO A LECTURA NA CLASE DE 5 ANOS. ESTAMOS INTENTANDO ESTABLECELO COMO RUTINA DE CLASE E PARECE QUE ESTÁ TENDO MOITO ÉXITO!!!
ANIMÁDEVOS A LER COS NENOS/AS NA CASA E... SOBRE TODO, QUE SEXAN ELES/AS OS QUE VOS LEAN!!
DESTA VEZ FOI LAURA RODRÍGUEZ A QUE NOS SORPRENDEU COS SEUS GRANDES AVANCES NA LECTURA! NORABOA LAURA! E GRAZAS!
Este ano o premio á cabaza máis orixinal foi para infantil!!.
Moitas felicidades a Alba que foi a gañadora da "cabaza máis orixinal"
Outras categorías premiadas foron: cabaza máis ecolóxica, máis terrorífica, máis científica e vasoira máis orixinal.
Felicidades a tódolos premiados!!
Celebramos o Samaín na escola e todos estábamos terrorificamente .....GUAPOS!!!
Bos dias familias!. Este mes de outubro celebraron o cumple o noso Carlos de 4 anos e Helena de 5 anos!!. Aquí vos deixamos unhas fotos dese dia tan especial. Disfrutamos das tartas, dos regaliños...e tamén o pasamos moi ben despois no baile!!
Moitas felicidades para Carlos e Helena!
NA CLASE DE 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO EN RELACIÓN AOS ELEFANTES.
DESTA VEZ, E GRACIAS Á AXUDA DAS FAMILIAS, FIXEMOS AO ELEFANTE ELMER CON BOTELLAS.
O QUE NECESITAMOS FOI SIMPLEMENTE BOTELLAS CON ASAS LATERAIS E GOMETS DAS CORES DE ELMER.
A PROFE (COA AXUDA DOUTROS MESTRES/AS) CORTOU AS BOTELLAS AO MEDIO E DEULLE A FORMA DAS CATRO PATAS E DO RABO. COA PROPIA ASA XA QUEDOU DEFINIDA A TROMPA.
Xa ben avanzado o primeiro trimestre, seguimos coa lectura compartida. Os últimos que o fixeron foron Ismael e Laura García. Fixérono moi ben! Así que temos que seguir avanzando a grandes pasos na velocidade e comprensión lectora... Ánimo!!
Grazas!!
Coa visita deste científico aprendemos moitas cousas do noso sistema dixestivo!. Tamén sabemos que o lobo, o elefante e a balea son mamíferos e teñen un sistema dixestivo similar ó noso. Ó longo do mes de novembro iremos aplicando o aprendido co científico ó sistema dixestivo destes animais.
O científico trouxo consigo un robot chamado Robi que nos foi explicando como é a nosa dixestión.
O proceso dixestivo comeza na boca, cando comemos e masticamos os alimentos mesturados coa saliva.