Skip to Content

Complementarias

ANIVERSARIO ALEJANDRO

PARABENS POLO TEU ANIVERSARIO ALEJANDRO!! FELICES 6 ANIÑOS!!

 

O sabor da aventura está no mar

10 de marzo de 2020

 

Hoxe tivemos no noso cole a visita da pandilla de "Os Arroases", que nos descubriron as múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Cada un dos sete nenos e nenas desta pandilla ten o seu peixe ou marisco favorito, do que recibe un súper-poder especial.

 

 

Ponlle pilas ao teu bocata!

3 de febreiro de 2020

 

Nesta actividade enmarcada no proxecto "Aliméntate ben" (Plan Proxecta), o alumnado reflexiona acerca da importancia de inxerir diariamente todos os nutrientes que o noso corpo precisa para estar san. Un bocata de conservas do mar aporta proteínas, vitamina B12 e hidratos de carbono: unha opción deliciosa de obter a enerxía que nos axudará a alcanzar as nosas metas. Bo proveito!

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE CARBALLO

 

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS ATA A BIBLIOTECA DE CARBALLO ONDE O RATIÑO DE LONXEDETODO NOS CONTOU 3 CONTOS E NOS PUXO A FACER XIMNASIA. ATA PRONTO RATIÑO DE BIBLIOTECA!

SÚPER VISITA AO RIAZOR

Onte, os nenos e nenas de 6º, fomos de excursión á Coruña, nin máis nin menos que ao estadio de Riazor.

Nada máis chegar, fomos á Deportenda, mercar: pulseiras, chaveiros, bolígrafos...

Unha vez dentro, un guía explicounos a historia do Dépor, visitamos os vestiarios, sentámonos nos banquillos dos xogadores, no palco presidencial...

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Coma todos os anos conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro. Para celebralo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, deleitáronnos cun poema de Rosalía de Castro, coa música de Rosalía (tra, tra), seguindo unha versión da cantautora MJ Pérez, titulada MALAXENTE. 

Unha vez que pinchedes no enlace, poderedes ver o vídeo. Non o perdades, quedou estupendo (tra, tra)!!! E a participación do alumnado de infantil, acompañando e incluso animándose co estribillo está xenial!!!

Así que a desfrutar co MALAXENTE!!!

 

Visita á EASD Pablo Picasso

22 de outubro de 2019

 

O martes 22 de outubro as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria (xunto a 1º e 2º) visitamos a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, en A Coruña. Alí observamos de preto as actividades plásticas que se estaban a realizar en moitos dos talleres e aulas (Audiovisuais, Debuxo, Fotografía, Grabado, Pedra, Madeira, Papel...). Algúns dos nosos pequenos artistas remataron a visita convencidos de querer pasar por esa escola no futuro!

 

 

EN 4º TAMÉN SE BEBE LEITE NOS RECREOS

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

COMEZO DUN CURSO SAUDABLE!

Comezamos de novo este curso escolar 2017/18 dando prioridade a unha alimentación equilibrada e a unha vida activa.

Parte do noso alumnado acudíu a un taller nutricinal organizado pola empresa Gadisa na praza do Concello de Carballo. Os nenos puideron comprobar e poñer en práctica os seus coñecementos sobre a pirámide nutricional e a importancia dunha boa alimentación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut