Chegou a primavera e un dos insectos máis traballadores e productivos na natureza son as abellas.Tivemos a visita dun apicultor que non explicou o seu traballo e puidemos ver unha colmea por dentro. 
O pasado venres celebramos o magosto, todo o alumnado disfrutou moito das castañas, de xogos e baile, ademáis dun ratiño de celebración con compañeiros e profesores.
O día 24 de outubro celebramos no centro O DÍA DAS BIBLIOTECAS, en relación á temática do proxecto de biblioteca XEOGRAFIANDO EUROPA, o alumnado realizou diferentes traballos e actividades, deixamos unha fotiño do taboleiro da lingua.
Para celebrar a chegada da primavera, levamos á aula flores, ramas, follas que recolectamos no patio e xogamos un pouco con elas en distintos soportes.