CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN NO GÁNDARA-SOFÁN

Un curso mais o noso centro levará a cabo o vindeiro 30 de xaneiro a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. A través desta iniciativa nos movilizamos e loitamos para defender os dereitos dos nenos en risco de morrer de fame, é o  obxetivo da carreira nos centros educativos organizadores. Cada kilómetro recorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado ó cumprimento dos seus dereitos. Trátase de sensibilizar e recaudar fondos para defende-los dereitos doutras nenas e nenos nunha situación máis vulnerable.

Como nas edicións anteriores esperamos a vosa colaboración na iniciativa e que o alumnado comprenda a importancia desta xornada.

Vos deixamos o enlace coa web SAVE THE CHILDREN_KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 

https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad

  e tamén un enlace á Galería de fotos da carreira do curso pasado.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN NO GÁNDARA-SOFÁN