Marzo 2022

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN EN FAVOR DOS NENOS E NENAS DE UCRANIA

Estimadas familias:

  O mércores 23 de marzo nos sumaremos ao movemento por UCRAINA, da man de SAVE THE CHILDREN, leeremos un manifesto en contra da guerra con todo o alumnado, e mostraremos os traballos feitos polo alumnado como apoio á situación que viven os nenos e nenas de Ucraina.

Faremos unha carreira solidaria para recaudar fondos para este cometido, como noutras ocasións, pero agora os kilómetros de solidariedade van adicados á infancia de Ucraina.