Novembro 2022

XORNADAS DE NUTRICIÓN PARA PRIMARIA

Este xoves 24 veu ao noso centro Eloi, un nutricionista que estivo a falar de hábitos de alimentación saudable, aos nenos e nenas de primaria.

XORNADA DE ESCALADA NO CENTRO

Hoxe quedou oficialmente inaugurado o rocódromo do noso Ceip, coa celebración dunha xornada de escalada, patrocinada pola Deputación da Coruña e o club AMI da Coruña, con todo o alumnado de primaria.

CONCURSO DO PEÓN

Hoxe celebramos o concurso do peón no noso cole e quedou gañadora na final a alumna SILVIA CANEDO VARELA de 5º de E. Primaria. Noraboa!!!