FINA CASALDERREY EN IMAXES

Como o prometido é deuda, aquí vos deixamos algunha imaxe da visita de Fina Casalderrey. Os alumnos de 3º Ciclo fixeron un libro xigante no que, con textos e imaxes, plasmaron a súa vida e a súa obra. Foi un xesto que a ela lle agradou moito. Ver, na entrada do cole, un libro titulado A historia de Fina; na biblioteca, unha pantalla que mostraba aos alumnos de 2º e 3º Ciclo formando o seu nome con letras de cores, na pizarra esas mesmas letras para recibila,…para ela foi un gran abrazo de benvida e quedou moi agradecida. Nós tamén agradecemos a súa visita e os momentos tan agradables que nos fixo vivir. Non nos chegou o tempo a nada pero, antes de marchar, agasallounos cunha bonita adicatoria no noso novo Libro de visitas. Tamén nos asinou os exemplares que os nosos alumnos/as teñen dalgúns dos seus libros. E non o fixo cun boli calquera, fíxoo cunha pluma de ouro que ten un significado moi especial para ela!!! Grazas pola maxia que nos transmitiches!