SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE EP EN CENTRO ADSCRITO - IES MONTENEME
Estimadas familias:
Iníciase o procedemento de solicitude de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o centro adscrito de educación secundaria; no noso caso, o IES MONTENEME.
A presentación de solicitudes é do 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO de 2024, no anexo entregado ao alumnado no centro, que será devolto, cuberto e asinado, na secretaría do Ceip Pl. Gándara Sofán.
No caso de querer renunciar á praza ao centro adscrito, IES MONTENEME, deberán cubrir e achegar a folla de renuncia e xa non enviar a de solicitude, tamén ata o 5 febreiro.
De querer escolarizar ao seu fillo/a o vindeiro curso académico nun IES distinto ao Monteneme, ademais de presentar a renuncia, deberán contactar co instituto elixido entre 1 e o 20 de marzo de 2024, dentro do prazo de admisión do centro de educación secundaria. Para máis información: ACHEGAMOS A NORMATIVA DO PROCEDEMENTO NESTE LINK.