Skip to Content

QUINCENA DO LIBRO

Con motivo da celebración do "Día do Libro infantil e xuvenil" o 2 de Abril.

 Celebramos no colexio unha QUINCENA DO LIBRO con un lote de actividades de animación á lectura nas que participou todo o colexio.

 Tivemos moitas visitas neses días, con actividades de contacontos de todo tipo: Mario Tomás, co seu persoaxe inventado "Marioneto"; Abraham Carreiro, un ilustrador de contos que nos ensinou trucos de debuxo; Iago o contacontos dos xestos infinitos; e Ánxela Loureiro, quen lle puxo música, ritmo e cancións aos relatos:  

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

E ademais, tamén participamos aos nenos/as como contacontos, pois por ciclos tamén nos lemos contos durante o recreo: os de 5 anos de educación infantil, os de 1º , 2º e 3º ciclo de Primaria:

 

 

Tamén se organizou un maratón de lectura de "Memorias de un neno labrego" do célebre autor Neira Vilas por parte dos nenos máis maiores do colexio, 2º e 3º ciclo de E.P.:

 

 E para presumir do ven que quedaron os contos viaxeiros de Educación Infantil, as mestras proxectáron cada un dos libros electrónicos:

 

E tamén para presumir da gran imaxinación que teñen, os nenos/as de 1º ciclo ensináronnnos e deleitáronnos coa lectura dos seus "Contos de Peto", ¡maravillosos!:

 

E xa por último, tamén  un meste asignado a cada ciclo fixo de contacontos, neste caso Ana para E.I, Mª José para 1º ciclo, Mariano para 2º ciclo e Xoanca para 3º ciclo:

 

 

 

Eses días foron toda unha festa no colexio, unha festa chea de lecturas, contos, letras, voces, cancións, relatos, risas, aprausos, xogos, e máis... e máis... máis...

Todo iso que fai a lectura tan agradable

Así da gusto vir ao cole :)



page | by Dr. Radut