FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024
Logo da publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o curso 2023/2024, expostas no taboleiro do centro, INFORMAMOS que o prazo de matrícula para novo alumnado do centro de calquera dos cursos de Ed. Infantil e Primaria, será do 20 ao 30 DE XUÑO, según a Orde do 12 de marzo de 2013, que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Descargar e cubrir o Anexo III-1
- Dúas fotos carnet
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de familia
- De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Xunto coa matrícula entregarase tamén, de ser o caso, os ANEXOS de:
(dispoñibles no centro escolar)
- Comedor.
- Transporte.
- Servizo de madrugadores.
A presentación da documentación realizarase na SECRETARÍA do centro, en horario de mañán (10:00 a 15:00 horas).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo matrícula 22 23.pdf | 471.8 KB |