Skip to Content

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023

Logo da publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o curso 2022/2023, expostas no taboleiro do centro, INFORMAMOS que o prazo de matrícula para novo alumnado de calquera dos cursos de Ed. Infantil e Primaria, será do 20 ao 30 DE XUÑO, según a Orde do 12 de marzo de 2013, que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Descargar e cubrir o Anexo III-1
  2. Dúas fotos carnet
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria
  4. Fotocopia do libro de familia
  5. De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Xunto coa matrícula entregarase tamén, de ser o caso,  os ANEXOS de:

(dispoñibles no centro escolar)

  1. Comedor.
  2. Transporte.
  3. Servizo de madrugadores.

A presentación da documentación realizarase na SECRETARÍA do centro, en horario de mañán (10:00 a 15:00 horas).

 

AdxuntoTamaño
anexo matrícula 22 23.pdf471.8 KB


page | by Dr. Radut