Skip to Content

AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

 Informamos da convocatoria de axudas para o alumnado do 2º ciclo de Ed. Infantil (3, 4 e 5 anos), que ven de convocar o Concello de Carballo (catrocentas axudas de 150€)

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado enviado aos domicilios e dispoñible tamén na páxina web https://sede.carballo.gal ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 12 de maio de 2022.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellería de Cultura, para recibir información que precisen será de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.

EQUIPO DIRECTIVO

 



page | by Dr. Radut