FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022
Logo da publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o curso 2021/2022, expostas no taboleiro do centro, INFORMAMOS que o prazo de matrícula para novo alumnado e todos os cursos de Ed. Infantil e Primaria, será do 20 ao 30 DE XUÑO, (según a Orde do 12 de marzo de 2013, que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Descargar e cubrir o Anexo III-1
- Dúas fotos carnet
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de familia
- De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo matrícula 21 22.pdf | 471.8 KB |