Mochila viaxeira en 4 anos 2020-2021

Os nenos e nenas de 4 anos desfrutaron moito cos libros da mochila viaxeira!

Desfrutaron lendo algúns dos contos que había nela, o seu favorito foi: Es ti o meu amigo!

 

...facendo unha das cousas que máis lles gusta que é cociñar, seguindo as receitas de Dora a Exploradora!

 

...e por suposto tamén desfrutaroon moito facendo as súas grandes obras de arte seguindo un libro de manualidades, o que máis lles gustou foi o floreiro!

 

 

En definitiva, pasarono xenial!

O vindeiro curso seguiremos desfrutando da mochila viaxeira!

 

"Os tres porquiños" en lingua de signos.

"Os tres porquiños" en lingua de signos.

Este curso para conmemorar o día do libro as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º aprendemos este conto tan entretido en lingua de signos.

 

Mochila viaxeira en 5 anos 2020 - 2021

Todos os nenos e nenas da aula de 5 anos levaron para a súa casa a mochila viaxeira e coa súa axuda elaboraron un montón de actividades como as que mostramos de seguido:

Receitas de comida inspirándonos no conto de "La Superchef":

Tamén arte coa natureza, grazas ao libro "Fago cousas con follas":


Por outro lado xogaron aos xogos de "Primavera, hace un buen día para jugar" e viron as películas do ratiño Pérez e Buscando a Dory.

Grazas mochila viaxeira, para o curso que ven queremos volver a verte!

"Cocodrilo" en LSE polos nenos/as de infantil

Esta semana, os nenos e nenas de infantil, estivemos aprendendo o conto de "Cocodrilo" en linguaxe de signos, para así conmemorar o Día do libro.

Esperamos que vos guste.

Confundindo historias

O alumnado de 4º, 5º e 6º cóntanos Confundindo Historias en Lingua de Signos.

 

QUE FROITA COMEMOS HOXE?

SOMOS MORADOS, REDONDIÑOS E PEQUENIÑOS.

QUEN SOMOS?

QUE FROITA IMOS COMER?

PAREZO UNHA GUITARRA

PERO NON SON UN INSTRUMENTO.

POR FÓRA VERDE SON,

QUEN SON?

QUE FROITA COMEMOS HOXE?

       AMARELO POR FORA

BRANCO POR DENTRO

TES QUE MONDALO 

PARA COMELO

 

QUE FROITA É?