AMARELO POR FORA
BRANCO POR DENTRO
TES QUE MONDALO
PARA COMELO
QUE FROITA É?
Laranxa por fora,
laranxa por dentro,
tes que pelala
para comela.
Pista:
O meu nome comeza por C
e remata na sílaba NA.
Que froitiña son?
Pequenas e redondas somos,
imos xuntas en acios.
Atoparasnos en distintas cores e tonos
e con nós fan o viño.
Se aínda non sabes quen son
Direiche que despides o ano con nós.
Redonda eu son
en zume estou moi boa
pero se me comes soa
podo estar amarga ou sabedora.
Que son?
Redonda eu son
en zume estou moi boa
pero se me comes soa
podo estar amarga ou sabedora.
Que son?
ESTE ANO DENDE O CEIP GÁNDARA - SOFÁN ESTAMOS A TRABALLAR A MULLER NA SÚA FACETA ARTÍSTICA. PARTIMOS DO PROXECTO DO CONCELLO DE CARBALLO "DERRUBANDO MUROS CON PINTURA" PARA TRABALLAR MULLLERES ARTISTAS E ILUSTRADORAS. CADA AULA DE INFANTIL TRABALLOU UNHA MULLER PINTORA CON OBRAS NA NOSA VILA. AQUI VOS PRESENTO AS ARTISTAS ESCOLLIDAS:
AULA DE 3 ANOS:
LAURA TOVA. INTERPRETACIÓN DA OBRA "OSO EMERXENDO DA PAREDE"
AULA DE 4 ANOS: ALEJANDRA MARTÍNEZ
AULA DE 5 ANOS: EVA FACAL
Comeza polo “m”
remata polo “a”,
e de varias cores podes tomar.
Podes facer con elas sidra ou compota
e ata mesmo unha rica torta.
Quen son?