mochila viaxeira

Mochila viaxeira en 4 anos 2020-2021

Os nenos e nenas de 4 anos desfrutaron moito cos libros da mochila viaxeira!

Desfrutaron lendo algúns dos contos que había nela, o seu favorito foi: Es ti o meu amigo!

 

...facendo unha das cousas que máis lles gusta que é cociñar, seguindo as receitas de Dora a Exploradora!

 

...e por suposto tamén desfrutaroon moito facendo as súas grandes obras de arte seguindo un libro de manualidades, o que máis lles gustou foi o floreiro!

 

Mochila viaxeira en 5 anos 2020 - 2021

Todos os nenos e nenas da aula de 5 anos levaron para a súa casa a mochila viaxeira e coa súa axuda elaboraron un montón de actividades como as que mostramos de seguido:

Receitas de comida inspirándonos no conto de "La Superchef":

Tamén arte coa natureza, grazas ao libro "Fago cousas con follas":


MOCHILA VIAXEIRA

OLA FAMILIAS!

DENDE O VENRES 23 DE XANEIRO ESTÁ EN FUNCIONAMENTO A MOCHILA VIAXEIRA.

NA CLASE DE 5 ANOS TOCOULLE COMEZAR A MARTINA E POUCO A POUCO VAI IR PASANDO POR TODAS AS CASAS.

FÓMOLA RECOLLER NÓS PERSOALMENTE Á BIBLIOTECA E REVISAMOS QUE LEVASE TODO DENTRO.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON ELA E LEMBRÁDEVOS QUE NON É UNHA OBRIGA E QUE LIBREMENTE PODEDES DECIDIR CON QUE COUSAS DAS QUE LEVA DENTRO PREFERIDES DESFRUTAR...

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design