Febreiro 2014
Neste mes de febreiro, fixemos un gran "picnic" con tod@s os compañeir@s e mestres/as do colexio!
Fixémolo aproveitando a actividade que nos propuxo a Consellería do Mar e do Medio Rural (Ponlle as pilas ao teu bocata) dentro do programa "Aliménta-T ben".
Dende entón xa non só comemos bocadillos de fiambre ou chocolates... descubrimos o bos que están os productos das latas de conserva en bocadillos!!!
Foi un día diferente e moi "proveitoso"!!


Xa comezamos cos “Talleres das profesións” dos familiares dos nosos alumn@s… e desta vez veunos visitar a nai de Estela da clase de 6º de Educación Infantil. Chámase Trini e é perruqueira.
Grazas pola visita e polo ben que nolo fixeches pasar a tod@s!!





Os nen@s de infantil estivemos traballando os alimentos e dun xeito moi especial a importancia da froita para medrar sans e fortes.
Fixemos un taller de macedonia coa colaboración das familias.
Mmmmmm…. que rico!!!



O día 30 de Xaneiro, o CEIP Gándara-Sofán celebrou o Día da Paz con todo o alumnado.
Entre todos compuxemos a palabra paz con globos de cor branca.
Mira que guap@s saímos!

Está chegando o Entroido e todo o centro vaise disfrazar de pitufos.
Para animar un pouco ós nenos aquí vos deixamos un pequeno vídeo dos pitufos.
Esperamos que o disfrutedes!!
