Skip to Content

Outubro 2018

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

LETRAS GALEGAS 2018:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

3 DÍAS DE FESTA DO SAMAÍN, HALLOWEEN

Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).

Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes:

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

2ª XORNADA DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hoxe martes, levamos a cabo unha actividade moi interesante, divertida e creativa da man do Plan Proxecta, no que o noso centro está a participar dende hai varios anos. A actividade Educachef permitiu ao noso alumnado crear un prato moi especial relacionado cun personaxe típico desta festa: A Bruxa!!! O resultado foi delicioso:

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE NO CENTRO

Con motivo da celebración da festa do Samaín ou Halloween (véspera de Todos os Santos), imos celebrar diversas actividades para conmemorar esta festa. Podes ver o resultado das mesmas no blog da biblioteca. Que pasedes unha boa ponte festiva and Happy Halloween!!!

O CEIP Gándara Sofán xa está engalanado para conmemorar esta data:

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA SAMAÍN

Con motivo da celebración da festa do Samaín queremos recomendarvos algunhas lecturas moi interesantes para gozar destes días de festa:



by Dr. Radut