Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos

ORIENTACIONS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

 

Estimadas familias,

 

Novamente adxúntovos orientacións de traballo específicas para esta semana. Lembrade manter  cos nenos/as  un horario de rutinas (foi adxunto nas primeiras semanas de confinamento)

Ademais no anexo 1 tedes unha morea de fichas que repasan conceptos traballados (non fai falta imprimilas pois son moi fáciles de copiar)

Tamén adxúntovos dous modelos de puzles no anexo 2 como exemplo desta actividade (valería facelo igual na calquera imaxe que teñades na casa e que lles guste a eles/as polo que tampouco fae falta imprimilos)

 

Por último, deséxovos unha boa semana por diante coa esperanza de que a situación está mellorando. Xa queda menos!

 

Unha aperta

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Bos días familias,

remítovos as orientacións de traballo para esta semana que estamos a empezar.

Ademais destas orientacións envíovos un anexo con fichas que traballan diferentes conceptos e non fai falta imprimir pois pódense copiar facilmente.

Remito tamén outro anexo con puzles para que, si podedes recortedes e eles poñan en orden. Sempre dentro das vosas posibilidades.

Espero que todos esteades ben e que pronto podamos vernos na escola.

Unha aperta.

Paula

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Bos días familias!

Para seguir coa línea de traballo destas semanas de confinamento adxúntovos unhas orientacións específicas de traballo para esta semana.

Tamén facilítovos nos anexos o conto de Pepita e Miguel e algunhas fichas complementarias relativas aos contidos que repasamos nesta semana ademáis dunhas fichiñas de repaso dos números xa traballados.

Espero que todos/as estedes ben e a empezar o terceiro trimestre da mellor maneira!

Unha aperta.

Paula

ORIENTACIONS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B SEMANA DE 14 AO 17 DE ABRIL

Ola familias,

Co motivo de continuar  coa línea de traballo mantida antes das vacacións adxúntovos orientacións específicas de traballo.

Tamén facilítovos nos anexos o conto de Pepita e Miguel e algunhas fichas complementarias relativas aos contidos que repasamos nesta semana.

Desexo que todos/as estades ben e que teñades un bo comezo de trimestre

Unha aperta

Elena

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE 3 ANOS

 

Ola familias,

 

Lembrade que o vindeiro venres, día 3 de abril, recibiredes o boletín de notas referido á 2ª avaliación a través da plataforma Abalar móbil.

Se non tedes ésta aplicación cargada, podedes recibirllo a través do voso correo, sempre e cando previamente avisedes ás titoras mediante correo electrónico.

Adxuntámosvos tamén algunhas novas fichas sobre a primavera.

 

Saludos

As titoras de 3 anos

ORIENTACIONS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B SEMANA 30 DE MARZO AO 3 ABRIL

Ola familias,

Esta semana continuamos a traballar como viñamos facendo. Xa sabedes que é importante seguir un esquema de rutinas (adxunto na primeira semana).

Adxúntovos orientacións específicas de traballo e tamén algúns anexos con fichas complementarias.

Ao longo da semana adxuntareivos algunha nova ficha.

Podedes enviar os traballos ao meu correo e seguide o blog para manter o nexo cos seus compañeiros e compañeiras.

Moitas grazas,

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A SEMANA 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Ola familias,

Esta semana continuamos a traballar como viñamos facendo. Xa sabedes que é importante seguir un esquema de rutinas (adxunto na primeira semana).

Adxuntámosvos orientacións específicas de traballo e tamén algúns anexos con fichas complementarias.

Ao longo da semana adxuntarémosvos algunha nova ficha.

Podedes enviar os traballos ao meu correo e seguide o blog para manter o nexo cos seus compañeiros e compañeiras.

Moitas gracias,

Paula.

AVISO IMPORTANTE

Tendo en conta a lei de protección de datos,  as fotos que envíedes ás titoras dos traballos,   coa intención de subilas  aos blogs respectivos,  non  deberán conter imaxes dos nenos/as.  

A participación nos blogs é absolutamente voluntaria

Un saúdo

As titoras de 3 anos

 

ACTIVIDADES 3 ANOS B

Ola familias,

Adxunto aquí un documento con propostas de actividades e manualidades para que podades facer con vosos fillos/as nestes días.

Ademais queda a vosa disposición un blog, como veredes no documento, no que podémonos comunicar a maiores da miña conta de correo facilitada

Un saúdo e unha moi forte aperta para todos/as

Elena

ACTIVIDADES PARA 3 ANOS A

Ola familias!

Adxunto aquí un documento con propostas de actividades e manualidades para que podades facer nesta semana. Destacar queiremos subindo novas propostas e ademáis queda a vosa disposición un blog como veredes no documento, no que nos poderemos comunicar, a maiores do correo facilitado.

Un saúdo e unha forte aperta chea de ánimos!

Paula.

Distribuir contido


by Dr. Radut