Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B DA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias,

Adxúntovos  as orientacións de traballo para esta semana

Tamén,  os anexos complementarios destas orientacións. Son tres  (Fichas de reforzo, Acuarios e puzles)

Lembrade que se algún de vos ten algunha cuestión  ou dúbida para a recollida de material dos nenos/as( aparecen os turnos na páxina principal da web do colexio) podedes comunicarmelo a través do meu correo electrónico. 

Gustosamente intentarei  dar resposta ás vosas preguntas

Correo electrónico: elenagonmel@r.gal

Desexo que pasades unha boa semana por diante

Unha aperta

Elena

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias,

como cada semana envíovos as orientacións a seguir para esta nova semana que comeza mañá.

Tamén adxunto como anexos as fichas de traballo, os acuarios dunha das actividades que se indican e uns puzles de animais.

Lembrade revisar o correo no que vos deixo a lista para a recollida do material.

Sen máis, despídome desexándovos unha boa semana con moito ánimo.

Unha forte aperta, Paula.

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

 

Ola familias,

 remítovos ás orientacións para esta semana que comeza mañá.

 

As fichas para traballar esta semana están relacionadas co autor homenaxeado no día das letras galegas, Ricardo Carvalho Calero. Envío tamén o conto de Os Bolechas sobre a vida deste autor e outro conto que vos recomendo nas orientacións.

 

Espero que gocedes deste domingo das letras galegas e que pasedes unha boa semana cun pouco máis de liberdade.

 

Unha aperta moi forte,

 

Paula.

 

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B NA SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola familias,

Remítovos  as orientacións da semana que vén na que  traballaremos sobre a conmemoración  do día de hoxe "Día das letras galegas" e o autor ferrolano homenaxeado neste ano  Ricardo Carvalho Calero.

Ademais adxúntovos un anexo con fichas de reforzo  relacionadas co tema e outros dous anexos de contos. Nas orientacións vos especifico o titulo dos mesmos.

Espero que disfrutedes da semana e tamén da celebración do día de hoxe

Un saúdo

Elena

 

ORIENTACIONS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola familias

Remítovos as orientacións de traballo para esta semana e tamén adxúntovos fichas complementarias

Lembrade que podedes facer as que vos parezan máis axeitadas e as fichas son tamén opcionais.

Vouvos dar novamente a  miña dirección de correo e a dirección do meu blog para que sigades establecendo o contacto comigo 

elenagonmel@r.gal

https://elblogdelenclase.blogspot.com/

Sabedes que estou a vosa disposición

Saúdos

Elena

 

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

 

Ola familias,

 

Remítovos as orientacións de actividades para esta semana e tamén mándovos as fichas complementarias.

 

Quero recordarvos que son actividades opcionais e non son obrigatorias. Cómpre que fagades algo cos nenos e nenas e sempre dentro das posibilidades de cada familia.

 

Tamén decirvos que ademais de enviarme as fichas e traballiños para subir ao blog, pídovos que gardedes todo o que vaiades facendo cos nenos/as xa que a eles/as tamén lles gustará poder ensinar o que fixeron no cole.

 

Quero transmitirvos os meus maiores desexos e unha boa entrada nesta nova fase.

 

Unha forte aperta,

 

Paula.

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Ola familias,

Como cada semana remítovos as orientacións para estes días

Ademais das orientacións adxúntovos un anexo con fichas complementarias, as cales son optativas, e outro anexo de puzles como vos comento nas orientacións.

Mándovos moitos ánimos para estes tempos que estamos a vivir. Cada día que pasa é un día menos para que todo remate felizmente.

Unha forte aperta.

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Ola familias,

como cada semana remítovos as orientacións para estes días ata o 8 de maio.

Axúntovos ademais das orientacións un anexo con fichas, as cales son optativas, e outro anexo de puzles como vos comento nas orientacións.

Lembrade que con estas orientacións a nosa intención e darvos ideas para facer cos nenos e nenas na casa, non son obligatorias e non é preciso facelas todas.

Mándovos moitos ánimos para estes tempos que estamos a vivir.

Unha forte aperta.

Paula.

ORIENTACIÓNS ESPECÍFICAS PARA 3 ANOS B SEMANA DE 27 AO 30 ABRIL

Ola familias,

 

Adxúntovos as orientacións específicas de traballo para a seguinte semana que rematará o xoves 30 de abril. Lembrade que o 1 de Maio é festivo.

Adxúntovos tamén os  tres anexos que vos comento  no documento referidos a fichas de traballo e mais dous contos.

Pasade unha boa semana e recordade que a seguinte a comezaremos o vindeiro 5 de Maio porque o luns  é día festivo elexido polos colexios de Narón.

 

Unha aperta

 

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola familias,

remítovos, como todas as semanas, as orientacións para esta semana do 27 ao 30 de abril. Lémbrovos que o vindeiro 1 de maio é día festivo polo que estas orientacións son ata o 30 de abril.

Ademais lembrade que o luns 4 de maio é día non lectivo escollido polo centro, polo que as orientacións da vindeira semana serán a partir do martes 5 de maio.

Mándovos tamén os contos recomendados e unhas fichas para que fagades cos nenos e nenas. Lembrade que  se non podedes imprimilas non hai problema, podedes copialas a man ou facer outras semellantes. O importante é que se traballen eses contidos.

Espero poder vernos pronto e que disfrutedes da saída que podedes facer cos nenos e nenas.

Unha aperta chea de ánimos.

Paula.

Distribuir contido


by Dr. Radut