Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

Solucións tarefas luns 1 de xuño

Tarefas novas 1 de xuño

Ola nen@s, comezamos semana!

 

Aquí vos deixamos as solucións das tarefas do venres e tarefas novas. 

Tamén tedes  estes videos para que votedes unha ollada. Son sobre o tema de hoxe de Ciencias Sociais, A hidrosfera e O ciclo da auga.

 

A ver se vos resultan entretidos!

Seguide traballando que xa queda moi pouco para rematar!!

 

 

 

El agua en la naturaleza

 

 

El ciclo del agua

 

 

Ah, mirade  que a continuación están as tarefas de inglés para esta semana . Tamén os xogos  de lóxica e de enigmas matemáticos que vos puxo o profe Xulio. Son moi variados e están moi chulos!!

 

Bicos!Sorriso

 

Carlota e Belén 

 

Solucións tarefas do venres 29 de maio

Actividades de reforzo en MATEMÁTICAS 01_06_2020

 Ola alumn@s, esta semana imos traballar o voso razoamento lóxico cuns enigmas matemáticos moi interesantes que vos subo nun ficheiro PDF.

Pensade que en moitos deles o primeiro que pensamos pode que non sexa a solución adecuada, por iso hai que aprender a pensar dunha maneira máis creativa. Todos estes xogos sérvennos para desenvolver a nosa axilidade mental, un pensamento diverxente (aquel que nos permite solucionar problemas dunha forma creativa e diferente) e divertirnos ao mesmo tempo!

Podedes facer debuxos para entendelos mellor.

 

E aquí vos deixo unha páxina con xogos de memoria, percepción, razoamento, coordinación e atención.

https://www.cognifit.com/es/juegos-mentales

 

Tamén vos deixo o enlace desta web na que tedes enigmas e xogos de enxeño divididos segundo a súa dificultade

https://www.psicoactiva.com/puzzleclopedia/

 

Un saúdo a tod@s!

Xulio.

INGLÉS 4º semana do 1-5 xuño

Tarefas novas 29 de maio

Ola rapaces, para dar un último repaso á unidade 1 de Ciencias da Natureza deixamos un par de vídeos e unha ficha moi sinxela.

Ánimo, xa son as derradeiras tarefas de maio!!!!

https://happylearning.tv/la-reproduccion-sexual-de-las-plantas-partes-de-una-flor/

https://happylearning.tv/la-reproduccion-asexual-de-las-plantas/

Boa finde!!

Solucións tarefas 27 de maio

Agradecemento das profes 27/05/20

Estimadas familias queremos darvos as grazas.

En primeiro lugar polo voso traballo, a vosa implicación sen a que sería moi difícil seguir o proceso de aprendizaxe dos vos@s fill@s nestes tempos e a vosa sempre resposta inmediata ás nosas peticións.

E en segundo lugar polo voso tan doce agasallo de hoxe que nos gustou e emocionou. Vennos moi ben o chocolate para rematar o curso docemente felices!!!, jajaja.

Grazas,

Belén e Carlota

Tarefas novas para o 27 de maio

Ola de novo nen@s!!

 

 Tedes xa aquí as tarefas para hoxe de Lengua, Lingua, Matemáticas e Ciencias da Natureza mais as solucións do luns 25 de maio.

 

 Mirade tamén estes videos de C da Natureza para repasar  e recordar  parte do que traballamos dos seres vivos . Logo, na ficha de hoxe de Naturais, daredes tamén un pequeno repaso a estas cuestións.

 

 

Esperamos que vos gusten!!

 

 Los animales

 El reino de las plantas

 Seres unicelulares y seres pluricelulares 

 

Bicos!!Sorriso

Carlota e Belén 

 

 

Solucións tarefas do 25 de maio

Distribuir contido


by Dr. Radut