DESPEDIDA
Estimadas familias, hoxe poñemos as derradeiras tarefas deste curso e o venres as solucións.
Queremos felicitarvos a tod@s, nen@s, nais , pais..., polo voso esforzo e dedicación, sobre todo neste último trimestre tan especial. Sabemos que houbo momentos difíciles pero tod@s o fixemos o mellor que puidemos.
Quedamos con pena por non poder facer unha despedida con tod@s @s nen@s. En setembro nos veremos polo colexio!! Agardamos que non vos esquezades de nós!!
De cara ao verán as recomendacións de sempre, jajaja: ler todos os días, escoitar música, explorar a natureza, apreciar unha obra de arte ou facer o voso deporte favorito, hai tempo para todo, tamén para repasar un pouco os contidos que quedaron un pouco frouxos.
Xa sabedes que podedes contar con nós para o que necesitedes.
Moitos bicos das vosas profes, 

Belén e Carlota
