Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

ULTIMAS RECOMENDACIÓNS DE MARZO

RECOMENDACIÓNS MARZO 3

 

Aquí tedes as derradeiras recomendacións do mes de marzo. Esta vez son dous libros en formato "lectura fácil" recomendados para terceiro ou cuarto. Nun contanos unha aventura fantástica nun país cheo de reloxos e no outro as aventuras de dous amigos piratas que sempre andan a discutir pero non poden vivir un sen o outro.

Xa temos dispostas un montón de novidades máis para o mes de abril que esta a piques de comezar.

RECOMENDACIÓNS DESTA TERCEIRA SEMANA DE MARZO

Estes son os libros recomendados nesta semana.

Na "Lista de Cumpleaños": Unha rapaza elabora unha lista dos regalos que lle gustaría recibir o día do seu aniversario, so que ningún deles pode mercarse con cartos. Atreveste a descubrir cales son os agasallos que pediu?

En "Ojos Negros": Nun país onde todo o mundo ten os ollos verdes, que sucederá cando nazca un neno con ollos negros? Se queres descubrilo non tes máis que vir pola biblioteca para resolver o misterio.

 

 

 

Recomendacións marzo terceira semana

NOVIDADES DO MES DE MARZO- SEGUNDA ENTREGA

marzo 2 entrega

 

novidades marzo 2 entrega

PRIMEIRAS RECOMENDACIÓNS DE MARZO.

recomendacións de marzo 1

Finis Mundi é un libro de aventuras no que acompañarás a un monxe e un xoglar durante a Idade Media. Recorrerás Europa intentando resolver unha serie de misterios cos que intentarán parar a fin do mundo que ocorrerá no ano 1000. Queres acompañalos e saber se o lograrán?

De chico a chica, é unha divertida historia de dous curmáns. Que sucedería se de repente chega a túa vida un curmán americano do que non sabías nada? E que pasaría se en realidade non é un neno senon unha nena? Ou todo é un engano para librarse dun perigo que os ameaza? Se queres saber como se desenrola a historia non tes máis que pasar pola biblioteca para lelo.

Ler é o primeiro paso cara a liberdade.

NOVIDADES DO MES DE MARZO .

MARZO NOVIDADES 1

Xa están na mesa de novidades os primeiros libros fichados no mes de marzo. Agardan por ti na biblioteca. Pasa a miralos e decide se colles algún para ler na clase ou na casa. Ánimo. O mundo é dos lectores e lectoras.

RECOMENDACIÓNS DE FEBREIRO

fEBREIRO 1

E ti que farías se atopas unha cousa que che gusta moito perdida no patio do colexio? Esta é a dúbida que se lle plantexa ao protagonista deste libro. Se queres saber como a resolvdeu, ven á biblioteca a comprobalo lendo o libro.

Febreiro 2.

 

 

Un libro para aprender a dicir: NON. Algunha que outra vez é necesario saber dicir que non. Podes comprobalo lendo este fermoso libro que agarda por ti na biblioteca do centro.

NOVIDADES DE FEBREIRO EN DVD

FEBREIRO 21

 

 

FEBREIRO 22

 

Estas son as últimas incorporacións aos fondos da Biblioteca escolar, unha colección de DVD donada por unha familia do centro. Agardamos que vos sexan de utilidade cando queirades información sobre algúns deses temas. Hai de todo. Animais, historia, ecoloxía, espazo, corpo humán...

NOVIDADES DE FEBREIRO 1

NOVIDADES FEBREIRO 1

 

Aquí tedes as primeiras novidades do mes de febreiro. Están agardando por vós na biblioteca. A maioría están relacionados cos valores e a ética.

ÚLTIMA RECOMENDACIÓN DE XANEIRO

RECOMENDACIÓN 3

 

Aquí tedes dous dos últimos libros fichados en xaneiro. Son a nosa recomendación desta semana. 

En "Quero ser invisible" cóntannos a historia dun neno que o pasa mal no colexio porque se meten con el por ser gordo. Quere desaparecer e volverse invisible ata que descubre que hai moitas persoas que o ven e o queren.

En "SOS se necesita unha sonrisa" cóntannos a historia do mago que concede os desexos cando vemos unha estrela fugaz. Pero está triste e non quere seguir traballando. Ánimate a descubrir que é o que lle pasa.

Agardámoste na biblioteca todos os recreos.

2ª NOVIDADES DE XANEIRO

Aquí tedes o seguinte lote de novidades que entraron na Biblioteca no mes de xaneiro. Agardamos que vos resulten interesantes.

Tamén podedes ver a nosa segunda recomendación: As veces os profes somos algo pesados e a algún dos nosos alumnos lles gustaría que desaparecésemos. Na realidade non, pero na literatura todo é posible. Ánimate a leelos. (Para quinto e sexto de Primaria).

 

NOVIDADES 2 xaneiro

 

Recomendacións 2

Distribuir contido


by Dr. Radut