Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

CONTACONTOS: ASOCIACIÓN PERSONAS SORDAS DE FERROLTERRA . 23-3-2023

Hace unos días vinieron a la biblioteca dos mujeres de la asociación de personas sordas de Ferrolterra. Contaron un cuento a los peques de 5º de infantil y así les ayudaron con su proyecto del cuerpo (los sentidos). Mientras una contaba el cuento, la compañera lo hacía en lengua de signos. Gracias.

 

 

 

 

 

 

 

DISFRUTANDO EN INGLÉS NA BIBLIOTECA 28-02-2023

DÍA DE ROSALÍA. 23 DE FEBREIRO

Novidades da Biblioteca

Tempo de Lecer na Biblioteca

A bilioteca abre as súas portas!

Nos recreos a biblioteca estará sempre aberta para empréstitos e devolucións de libros, consultar información, facer quebracabezas e moitas máis actividades.

Durante este curso os luns, mércores, xoves e venres, tamén estará aberta entre as 16.15 e as 17.15.

Neste horario de tarde soamente se poderá facer devolucións ou empréstitos.

 

NOVIDADES DO MES DE MAIO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

NOVIDADES MAIO

Aquí tedes as últimas novidades fichadas neste mes de maio. Como podedes comprobar seguimos adquirindo libros realcionados coa inclusión e para traballar as diferenzas. Tedes modelos de diferentes familias e de diferentes sensibilidades con respecto ao xénero que nos asinaron ao nacer e o xénero co que realmente nos sentimos identificados ou identificadas. Non dúbides pasar no recreo para coñecer esta novidades.

ULTIMAS NOVIDADES DE ABRIL

ULTIMAS NOVIDADES DE ABRIL

Aquí tedes as últimas novidades do mes de abril. Seguimos completando a nosa colección das Primeiras Letras Galegas da serie Os Bolechas. Como podedes comprobar xa está editado o libro dedicado ao autor homenaxeado este ano co motivo das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Non dubides en facernos unha visita. Seguimos abertos todos os días durante os recreos e fora dos recreos cando as vosas titoras queiran levarvos.

2ª NOVIDADES DO MES DE ABRIL

RECOMENDACIONS ABRIL 2

 

Aquí tedes máis novidades do mes de abril. Tres clásicos en formato manga. Unha colección para traballar valores. Dous exemplares para coñecer como funciona o corpo feminino. E dúas novas coleccións de cómics para os máis pequenos. 

Agardamosvos na biblioteca todos os recreos. LEMBRA QUE O VENRES CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO E AGASALLAREMOS AOS NOSOS VISITANTES CUN MARCAPÁXINAS.

NOVIDADES DA BIBLIOTECA MES DE ABRIL . 1º ENTREGA

NOVIDADES abril 1

 

Aquí tedes as primeiras novidades do mes de abril.  Hai dúas colección de cómics.  Outra colección de Max Burbuja, o último personaxe saído da mente do Hematocrítico. Un sobre feminismo, e outro para reflexionar sobre o fío que nos mantén unidos a todos os que queremos e nos queren. Tamén hai dous novos exemplares de Historia en cómic para completar o que xa tiñamos sobre a Prehistoria.

Non o dubides, están agardando por ti na Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut