Skip to Content

Información de secretaría

Documentos relacionados con temas de secretaría

PERÍODO DE VACACIÓNS

 

 

 

O colexio permanecerá pechado desde hoxe día 15 de xullo ata o 31 de agosto ámbolos dous incluidos.

 

 

Retornaremos a nosa actividade o día 1 de setembro. Todalas persoas que ainda no recolleron o cheque de libros ou material e non entragaron a solicitude de comedor poderano face a partir do 1 de setembro

RECOLLIDA DE CHEQUES DE MATERIAL E LIBROS

A partir de mañá, día 02 de xullo, en horario de 10,00 a 13,00 horas, e ata o 15 de xullo, poderán pasar a recoller os cheques de material escolar (todos os cursos de primaria) e cheques libros (1º e 2º de EP) todos os solicitantes que tiveran entregado a documentación en prazo.

Lembramos que debe vir a recollelo a persoa solicitante, identificándose co seu DNI, ou en caso de non poder acudir deberá asinar autorización con fotocopia do DNI do solicitante e da persoa autorizada para a recollida.

O equipo Directivo

SOLICITUDE DE COMEDOR CURSO 2021/2022

Nos seguintes documentos tedes a información sobre a solicitude de comedor para o curso 2021/2022.
 
Circular comedor curso 2021/22
Instruccións comedor
Anexo II
 
Los documentos a entregar, debidamente cubertos e asinados, son
  • Circular comedor
  • O anexo II 
  • Certificados de empresa, minúsvalia, familia numerosa, en función das alegacións necesarias.
 
O plazo de entrega é desde 30 de xuño ata o 15 de xullo
 

 

Documentos formalización matricula de alumnado de nova incorporación

 

O alumnado que obtivo praza para o curso 2021/2022 terá que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

 

 

 

  • Alumnado de 3 anos: enquisa de escolarización,  anexo III, autorización recollida, autorización dereitos de imaxe e dúas fotos (unha pegada na enquisa) e autorización saídas

 

  • Resto do alumnado de infantil: anexo III, autorización recollida, autorización dereitos de imaxe e  autorización saídas
  • O alumnado de primaria:anexo III,autorización dereitos de imaxe e autorización de saídas

 

NOTA: As titoras  do alumando de 4º educación infantil convocarán ás familias a unha reunión no mes de setembro para propoñer a realización dunha cooperativa de aula, que será explicada nesta reunión, na que as familias votarán a súa aprobación

 

TRÍPTICO                                  AUTORIZACIÓN RECOLLIDA

DEREITOS IMAXEN                   ENQUISA

ANEXO III                                  AUTORIZACIÓN SAÍDAS

ATENCIÓN AO ALUMNADO DO GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS

Estimadas familias!

Comunicámoslles que o luns 21 de xuño o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ten previsto realizar unha sesión de apoio no propio centro escolar para o alumnado de 6ºA e 6ºB. Para poder recibir esta axuda terapéutica é preciso autorización materna e paterna, ou no seu caso, dos titores/as legais, e traer o documento debidamente cuberto e asinado o vindeiro luns 21.

Poden descargar o documento de autorización no seguinte enlace.

                                     O EQUIPO DIRECTIVO

ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut