Skip to Content

Información de secretaría

Documentos relacionados con temas de secretaría

SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR

Informámoslles que o Inspector de Sanidade vén de suspender provisionalmente e con carácter cautelar a actividade na cociña, debido ao estado no que se atopa. Tralas choivas destes días volvemos ter inundacións por mor das obras. Hoxe intentaremos organizarnos da mellor maneira posible, pero MAÑÁ venres 31 de xaneiro e ata novo aviso, SUSPÉNDESE o servizo de comedor. Polo tanto, as alumnas e alumnos sairán ás 14.30h., incluídos os usuarios de transporte escolar. As actividades extraescolares funcionarán con normalidade.
Lamentamos enormemente as molestias ocasionadas ás familias, pois somos coñecedores dos problemas de conciliación que isto supón.
Agardamos que a normalidade se restableza o antes posible.


Atentamente.
O Equipo Directivo

REORGANIZACIÓN ENTRADA ALUMNADO INFANTIL

Despois de observar a organización das entradas de 1º e 2º de E.P. durante estes dous días, vemos que é posible adiantar a entrada do alumnado de E. infantil, o cal ocasionará menos molestias ás familias que teñan nenas e nenos escolarizados en Primaria. Polo tanto, a partir de mañá MARTES 21 DE XANEIRO, o alumnado de Ed. Infantil, entrará a partir das 9:40h. na orde habitual e pola mesma porta de entrada de 1º e 2º.

A saída manterase do mesmo xeito.


Desculpen as molestias ocasionadas.
Un saúdo,
O Equipo Directivo

MODIFICACIÓN HORARIOS DE ENTRADA ALUMNADO DE INFANTIL

Coa aprobación da Consellería comunicámoslle que, por mor de garantir a seguridade do alumnado, vaise facer a entrada e saída do alumnado de E. infantil pola mesma zona que o alumnado de E. Primaria (portalón Xuventude)
Como resulta imposible facer as entregas conxuntas, estabrecese o seguinte horario de entrada e saída do alumnado de E. Infantil:


 

 

ENTRADAS: PORTA ENFRENTE DE CAFETERÍA XUVENTUDE

9:45h 6º EDUCACIÓN INFANTIL

9:50h 5º EDUCACIÓN INFANTIL

9:55h 4º EDUCACIÓN INFANTIL

SAÍDAS PORTA ENFRENTE DE CAFETERÍA XUVENTUDE

14:00h 4º EDUCACIÓN INFANTIL

14:10h 5º EDUCACIÓN INFANTIL

14:15h 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Este horario se manterá ata que estea habilitado o patio de e. Infantil. Sentimos as molestias que se poidan derivar deste feito.


Un saúdo
O Equipo Directivo.

SUSPENSIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DÍA 16/01/2020

Seguindo as indicacións da consellería e por mor da alerta laranxa do día de hoxe quedan suspendidas TODAS as actividades extraescolares desta tarde. O alumnado usuario do comedor terá que ser recollido as 15:20.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Seguindo as indicacións da consellería e por mor da alerta laranxa do día de hoxe quedan suspendidas TODAS as actividades extraescolares desta tarde. O alumnado usuario do comedor terá que ser recollido as 15:20.

Distribuir contido


by Dr. Radut