Skip to Content

APLICACIÓN SANTILLANA CON XOGOS INTERACTIVOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Ante a situación que se está a vivir, a Editorial Santillana contactou con nós para ofrecernos unha APP con xogos interactivos, para o desenvolvemento das Intelixencias Múltiples na etapa de Educación Infantil, que comprende un total de 72 actividades e xogos clasificados en 3 niveis de dificultade.

 

     Para conseguila podedes descargar a APP no seguinte enlace:

 

https://santillana.es/apps-familias/ 

 

     A continuación desprazades a barra lateral dereita cara abaixo e xa podedes ver o seguinte título “Las tres ovejas”. Pulsades en “descargar” e metedes a licencia enviada polas titoras a través de Abalar.

 

Esperamos que a estancia na casa sexa un pouquiño máis amena.

 

As mestras de Educación Infantil

 

                   

 



page | by Dr. Radut