Skip to Content

DESPEDIMOS CON MOITO CARIÑO AO NOSO LISO

Hoxe nos toca despedirnos do noso conserxe Liso. Leva media vida traballando neste cole. E de seguro que o botaremos de menos.

Non só temos que despedirnos do conserxe, tamén nos despedimos da gran persoa que era: amable, traballador, alegre, responsable, e moitos máis adxectivos que poderiamos dicir del.

A rapazada do Ceip Fogar quixo facerlle esta homenaxe, seguramente para devolverlle a Liso todo o cariño que recibiron. Porque Liso non facía simplemente as súas funcións de conserxe, era tamén un amigo de todos, un pai, un avó.

Grazas por tanto. Non te esquezas de volver. O Fogar sempre será a túa casa.

 



page | by Dr. Radut