Skip to Content

TAREFAS VOLUNTARIAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

Ola chicos/as!!

    Como vai todo?

    Dende aquí queremos axudarvos a que o pasedes ben uns ratiños e por iso propoñémosvos pequenas tarefas, aínda que voluntarias.

    Que vos parece se cando xoguedes cos xogos do ordenador sacades fotos, vídeos ou capturas de pantalla sobre o realizado?

 

    Podedes atopar xogos e outros recursos nos blogs:

https://codigoformativo.blogspot.com/

https://cousassinxelas.blogspot.com/

https://poucascousas.blogspot.com/

 

    A modo de exemplo,  podedes enviar unha captura de pantalla sobre unha creación vosa nalgunha das pizarras online que tedes ao voso alcance; o que se vos ocurra…

    A direccción de correo ao que enviar as vosas creacións é o seguinte:

infantilfogar@gmail.com

    Esperamos estar preto de vos  prontiño!!



page | by Dr. Radut