Skip to Content

News aggregator

Encontros literarios

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 16:30

13 de setembro, 16:30
Biblioteca Pública Municipal de Moeche - Moeche - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Imaxina que Luísa Villalta, Xela Arias ou Rosalía visitan a biblioteca...
Autoras nosas falando sobre o oficio de escribir e de vivir. 
En palabras do escritor Antón Cortizas: "Unha experiencia interesantísima (...) unha especie de teatro íntimo que axuda a descubrirmos ás persoas que imaxinaron libros abertos no seu propio niño -as librarías- para facer voar a nosa lingua que tanto o necesita."

 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público adulto

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/09/2024 - 16:30

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal de Moeche

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

20.000 leguas de lectura divertida.

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 16:00

13 de setembro, 16:00
Biblioteca Pública Municipal de Láncara - Láncara - Lugo

Texto de presentación da actividade

20.000 leguas de lectura divertida é viaxar á lúa, ao centro da terra, montar en globo e en submarino e dar a volta o mundo en só 80 días. Todo isto podes facer se te mergullas nas obras de Xulio Verne. E moitas delas poderás coñecer realizando experimentos divertidos grazas á Ciencia máis Divertida.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

55 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/09/2024 - 16:00

Lugar de celebración

Salón de actos BPM de Láncara

Categorías: Cultura

A ampliación do CIFP Fraga do Eume rematará este outono para reforzar as ensinanzas do sector hostaleiro e turístico

Noticias sobre Ensino - Ven, 13/09/2024 - 13:46

Summary: 

Román Rodríguez explica que a ampliación da cociña e do comedor, cun investimento de 365.000€, así como doutras melloras, avanzan a bo ritmo

“Queremos formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico e fortalecer este centro como unha referencia na comarca de Ferrolterra”, afirma

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, supervisou hoxe o desenvolvemento das obras de ampliación do Centro Integrado de FP Fraga do Eume. A intervención, cun investimento de 365.000€, avanza de maneira satisfactoria e está previsto que estea finalizada durante este outono.

“As obras de ampliación avanzan a bo ritmo. Seguramente a principios de novembro estarán xa en perfecto estado tanto a ampliación da cociña como do comedor”, detallou. O titular de Educación da Xunta afirmou que a intención do seu departamento é “formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico merecen”. “Estase fortalecendo a familia profesional destas ensinanzas para ser un centro de referencia no conxunto de Galicia e, por suposto, na comarca de Ferrolterra”, engadiu.

Durante a visita, o conselleiro destacou que esta actuación representa un compromiso cumprido coa comunidade educativa de Pontedeume, despois de que o centro se convertese nun centro integrado de FP no curso 2021/2022. De feito, as obras de ampliación e reforma do interior do centro súmanse á recente mellora de talleres como o da lavandería de lencería, destinado ao Ciclo Superior de Xestión de aloxamentos turísticos, o que supón un avance para o conxunto do centro.

"Estas ampliacións e reformas permitirán dotar á FP en Pontedeume de máis e mellores espazos, reforzando unha familia profesional que sustenta un sector produtivo clave neste concello", sinalou o conselleiro. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou que o CIFP Fraga do Eume conta neste curso 24/25 cunha cifra provisional de 273 alumnos.

Fases posteriores

A ampliación do centro reafirma o compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia e coa empregabilidade do alumnado, facilitando, entre outros aspectos, o acondicionamento do comedor para os ciclos de hostalaría.

Esta ampliación forma parte dunha reforma máis ambiciosa que contará cunha segunda fase, destinada á remodelación de todos os talleres e cociñas de hostalaría, cun orzamento superior a 650.000€.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Tres estudantes representan a Galicia en Lyon na maior competición internacional de FP

Noticias sobre Ensino - Ven, 13/09/2024 - 13:42

Summary: 

Trátase de Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompaña os alumnos que están a competir nas modalidades de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira

Idioma Gallego

Tres estudantes da FP galega participan estes días en Lyon (Francia) no campionato Worldskills 2024, as olimpíadas internacionais da Formación Profesional. Estes mozos, que representan a Galicia no certame, están acompañados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez. “Están demostrando que a nosa FP é un modelo con gran potencial”, sinala a representante da Xunta de Galicia, quen remarca “o orgullo que supón para o noso ensino que teñan chegado ata aquí”.

Ezequiel Soto, do Instituto IES San Clemente de Santiago, compite na modalidade de Desenvolvemento web; María Bazar, do Centro Integrado de FP CIFP Paseo das Pontes da Coruña, en Panadaría, e Laura Pereira, do Centro Integrado de FP CIFP Manuel Antonio de Vigo, faino en Recepción hoteleira. Eles tres, acompañados por profesores e representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades, están a demostrar neste campionato internacional a calidade da Formación Profesional galega.

Representación de 70 países

A cidade francesa acolle a 47ª edición dos Worldskills, que arrincou o 10 de setembro e que se prolongará ata este domingo, 15 de setembro. Centrada na sustentabilidade, esta edición conta con 59 modalidades de competición e tres exhibicións nas que participarán máis de 1.400 competidores e 1.300 expertos representando a 70 países e rexións.

Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das competicións nacionais e internacionais de Formación Profesional, Spainskills, Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Habelas hainas.

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 13:00

13 de setembro, 13:00
Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - Pazos de Borbén - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Acompañamos a Leo Leiño nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas, porque non cremos nas meigas, pero "habelas hainas"

Programa

Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6 anos en adiante)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/09/2024 - 13:00

Lugar de celebración

Auditorio do Concello

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 13:00

13 de setembro, 13:00
CPI Plurilingüe de Castroverde - Castroverde - Lugo

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura

Festividade da Virxe de Guadalupe

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 11:00

De 13 de setembro a 20 de setembro
varios espazos - Rianxo - A Coruña

En 1854 a peste de cólera que sufriu Galicia apenas tivo incidencia en Rianxo, o que as súas xentes atribuíron á protección da Virxe de Guadalupe, a virxe negra máis popular de Galicia, cuxa imaxe é unha réplica feita en cartón pedra en 1773 exacta da de Estremadura.

Ao culto relixioso uniuse entón a festa popular e organizouse unha procesión marítima coa “Moreniña” embarcada nun veleiro e acompañada por un cento de embarcacións tradicionais. Este segue a ser actualmente o acto central da festa. Participan nel máis dun centenar de barcos de todo tipo –algúns deles a disposición do público–, engalanados con bandeiras e grilandas multicolores e, alén de constituír a grande ocasión dos rianxeiros de reencontrarse cos seus familiares e amigos no final do verán, ten acadado unha gran proxección no exterior debido á súa vistosidade e emotividade.

Protectora das xentes do mar de Rianxo, a imaxe da Virxe de Guadalupe é sacada do seu santuario e levada en procesión ata un barco engalanado. E cando chega á altura do Paseo da Ribeira o público ve a Virxe igual que unha pescantina de Rianxo –camiñando descalza pola area, como as que introduciron as xoubas nos mercados máis importantes de Galicia– e entoa ao unísono a popular canción galega, “A Rianxeira”, que di: A virxe de Guadalupe/ cando vai pola ribeira,/ descalciña pola area/ parece unha rianxeira./ Ondiñas veñen/ ondiñas veñen e van/ non te embarques rianxeira/ que te vas a marear.

Unha copla que naceu hai 50 anos da nostalxia dos rianxeiros de Bos Aires pola súa terra. Ao longo dos días de festa adoita entoarse na medianoite, e o último día, entrada a madrugada, protagoniza un emocionante peche festivo, cando a multitude concentrada na verbena na praza de Castelao vólvea cantar, con música de tres ou catro orquestras e luces de bengalas.

Categorías: Cultura

Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas

Axenda Cultural - Ven, 13/09/2024 - 11:00

De 13 de setembro a 16 de setembro
A Pobra do Caramiñal - A Pobra do Caramiñal - A Coruña

Se hai unha festa en Galicia que mostre con toda claridade a relación sen complexos e a naturalidade coa que o pobo galego convive coa morte esa é a Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal, unha antiquísima e respectada tradición que suscita de xeito irremediable o asombro dos foráneos. Unha procesión de ataúdes? E tamén de ataúdes brancos dos que se pon aos nenos? Pois así é. Son os cadaleitos dos ofrecidos, aquí tamén chamados nazarenos. Estes e as súas familias dan grazas deste xeito ao Santísimo pola súa intercesión ante a morte, despois dalgunha grave enfermidade ou accidente.

A posta en escena da procesión das Mortallas é, sen dúbida, impresionante. Seguindo o cadaleito que os acubillaría na súa morte, e que é portado polos seus familiares, os ofrecidos van vestidos co seu hábito mortuorio, morado, como o do Cristo, se son persoas casadas ou viúvas, ou branco se son nenos ou rapazas, e levan un gran cirio nas mans. Milleiros de persoas de todas as idades acoden a esta procesión con gran fervor relixioso, moitas delas tamén ataviadas cunha túnica morada, algunhas descalzas, e portando cirios con exvotos colgantes, dando grazas polos favores recibidos ou pedindo boa saúde para eles e os seus achegados. A procesión fai un longo percorrido polo centro urbano da Pobra: tras a figura de Xesús o Nazareno, sae da igrexa de Santiago do Deán, percorre a zona vella e a estrada principal e regresa á igrexa.

As raíces desta tradición á que alude Valle-Inclán nas súas “Comedias Bárbaras” afúndense no século XV. Conta a lenda que uns salteadores foron apresados e condenados a morte na Pobra. O rexedor que debía levar a cabo a sentenza enfermou gravemente e, tras encomendarse ao Nazareno a véspera da súa festividade, recuperou a saúde. Cando chegou a hora da procesión, acudiu ao cortexo amortallado e mandou que os condenados portasen o seu féretro durante a procesión. Ao chegar ao adro, invocou o Cristo e indultou os condenados.

Categorías: Cultura

Lete asegura que o mellor xeito de honrar a Maite Méndez é que o Arxil comparta cartel con equipos como o Sanjoanense, Ensino e Perfumerías Avenida

Deporte Galego - Ven, 13/09/2024 - 09:31

Os partidos terán lugar o vindeiro domingo 15 no pavillón municipal de Pontevedra que, nesta semana, tamén acolle o Torneo EncestaRías con algúns dos mellores equipos masculinos de Europa

 


Pontevedra, 12 de setembro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do I Memorial Maite Méndez que organiza o Club Baloncesto Arxil e que terá lugar no Pavillón Municipal de Pontevedra o vindeiro domingo 15 de setembro.

O mandatario galego lembrou a figura de Maite como unha das maiores impulsoras do deporte feminino galego e que creou o Arxil en 1984 xunto ao seu marido Lino Vázquez e Milagros Sanmartín. Lete Lasa lembrou o desgraciado pasamento da adestradora pontevedresa no pasado mes de abril pero puxo en valor o seu enorme legado que a Xunta de Galicia recoñeceu outorgándolle a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia en xaneiro deste mesmo ano. Neste sentido apuntou que Maite foi peza chave no ascenso do Arxil á Liga Feminina Challenge -segunda máxima división estatal- e asegurou que a mellor maneira de honrar a súa memoria e que “o equipo dos seus amores comparta cartel con tres equipos de máximo nivel: o Sanjoanense, que vén de ascender á máxima división portuguesa; o Ensino, que estivo a piques de clasificarse aos playoffs da Liga Feminina; e o Perfumerías Avenida, campión de Copa e subcampión de Liga”.

O responsable da carteira de Deportes subiñou que o excelente momento do baloncesto galego e, nomeadamente, do baloncesto feminino que xa conta con preto do 40% das preto de 18.000 licenzas coas que conta a federación galega. Isto débese, dixo, ao traballo de moitos anos e de xente apaixoada como Maite. Do mesmo xeito tamén sinalou que nesta mesma semana pasarán polo pavillón municipal de Pontevedra algúns dos mellores equipos de Europa xa que, ademais do memorial Maite Méndez, o Torneo EncestaRías conta coa participación de equipos como o Mónaco, e o Valencia Basket, xunto aos dous equipos galegos na máxima categoría: o Breogán e o Leyma Coruña; así como o Dream Game que desputaron no día de onte o propio Mónaco contra o Real Madrid.

Máis polo miúdo, o I Memorial Maite Méndez constará de dous partidos. En primeiro lugar, ás 16 horas, xogará o Arxil contra o Sanjoanense e, a continuación, ás 18,30 horas, saltarán á cancha o Ensino e o Perfumerías Avenida. O Arxil seguirá completando a súa pretemporada na fin de semana seguinte, cando se medirá na cancha do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao Spar Gran Canaria (sábado 21 ás 19,30 horas) e ao Celta Zorka (domingo 22 ás 12,00 horas), outros dous equipos da máxima división nacional.

 

Categorías: Deportes

Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia'

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 20:00

12 de setembro, 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense - Ourense - Ourense

O xoves 12, ás 20:00 horas, presentarase na sala de exposicións de San Francisco «Escolma de Escultura» o libro «Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos», de José Fuentes Alende. No acto participarán o autor, xunto con José Carlos Sierra Rodríguez, ex director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José César Llana Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Esta obra, dividida en dous volumes, explora a relixiosidade popular en Galicia a través dos exvotos, estudando desde as ofrendas de cera ata os cadros votivos, e catalogando 161 exvotos en toda Galicia. O libro foi editado polo Museo de Pontevedra e conta co prólogo do antropólogo José Manuel González Reboredo.

Categorías: Cultura

IV CELME DE ZANFONA

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 19:30

De 12 de setembro a 15 de setembro
Obradoiro e Arquivo de Documentación Musical do Centro de Artesanía e Deseño - Lugo - Lugo

O CENTRAD de Lugo organiza as cuartas xornadas sobre a Zanfona na Galiza: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento.

O coñecido como Celme de zanfona era un ansiado proxecto da Colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e arquivo documental do CENTRAD. Este proxecto nace na procura de novas ferramentas e espazos que favorezan a interacción do inmenso caudal de profesionais galegos. Estas xornadas serán un foro útil no estudo deste instrumento destinado ás novas xeracións, creando un espazo de diálogo e confrontación de ideas arredor das diferentes metodoloxías, procedementos e os seus alcances culturais.

Celme de zanfona non só fai referencia á alma da zanfona, senón que resume a esencia da zanfona galega, da súa idiosincrasia e dos seus valores. Nace coa vontade de sumar sinerxías con outras accións privadas e institucionais para impulsar, incentivar e consolidar a interacción entre os investigadores, músicos, mestres artesáns e escolas de ensino na evolución da música e do instrumento musical.

Datas das xornadas: do 12 ao 15 de setembro

Lugar: Centro de Artesanía e Deseño · Rúa Chantada s/n LUGO 27004 · 982 210 066 · www.centrad.org

https://cultura.deputacionlugo.gal/gl/centrad/coleccion_instrumentos/celme_zanfona

Organizadas pola Deputación Provincial de Lugo

Coordinador:Luciano Pérez Díaz. Colección de instrumentos musicais e arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo

Categorías: Cultura

Leo

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 19:00

12 de setembro, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Leo é unha muller que vive de recoller cartóns nun polígono industrial nos arrabaldes de Madrid. Unha noite coñece a Salva, vixiante, nun bar. Este intenta conseguirlle un novo traballo e axiña se interesa por un pasado que intúe revirado. Obsesiónase con Leo, quen lle realiza unha inusual petición: debe matar a Gabo, un profesor de artes marciais co que tanto Leo como a nai dela mantiveron unha relación anos atrás.

Última longametraxe na carreira de José Luis Borau, que obtivo o Goya ao mellor director.

 

A sesión do programa de setembro de 2024 acompáñase da presentación do libro Iceberg Borau, de Carlos F. Heredero.

Categorías: Cultura

Plan de rescate (Escape Room)

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 19:00

12 de setembro, 19:00
Biblioteca Pública Municipal de Ares - Ares - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Escape room baseado no libro Plan de rescate da autora Antía Yáñez. Para escapar da biblioteca a rapazada terá que seguir as pistas e rescatar os compañeiros e compañeiras que fiquen atrás. Serán capaces? Só teñen unha hora!

Programa

Actividades comezo de curso escolar

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7-12)

Duración

70 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/05/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal de Ares

Categorías: Cultura

Os Mundos de Elisa

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 19:00

12 de setembro, 19:00
Biblioteca Pública Municipal do Porriño - O Porriño - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Elisa séntese pouco valorada na súa familia por ser nena. Ela quere expresarse e contar contos, pero precisa dunha dose de confianza. Grazas á axuda do seu enigmático amigo Ulrich e do Biblioquetario, un pequeno personaje moi especial, viaxará nunha dimensión máxica. Poderá recoñecer as súas capacidades a través dunha fermosa selección de contos que falan de igualdade, poder personal e entusiasmo.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 - 12 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 12/09/2024 - 19:00

Lugar de celebración

Praza Arquitecto Antonio Palacios

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Profesores de 14 comunidades autónomas visitan Galicia para coñecer o noso modelo educativo e mellorar as competencias profesionais docentes

Noticias sobre Ensino - Xov, 12/09/2024 - 12:44

Summary: 

Román Rodríguez fai fincapé na necesidade de ofrecer aos docentes as ferramentas formativas necesarias para afrontar os retos de futuro

Pon a disposición o traballo que Galicia desenvolve desde 2017 neste eido co primeiro marco competencial acordado coas facultades de formación do profesorado

Avoga por unha “visión integral” en tres ámbitos: actuando desde as universidades, na formación continua e no acceso á profesión docente

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, deu a benvida esta mañá aos docentes de 14 comunidades autónomas que se atopan en Galicia para coñecer o noso sistema educativo e participar nas Xornadas de deseño do Marco Competencial Docente, organizadas pola Xunta en colaboración co INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado).

Logo de agradecer a elección de Galicia para avanzar no deseño desta folla de ruta da formación do profesorado, Román Rodríguez expresou o seu compromiso de contribuír ao debate estatal sobre a mellora das competencias docentes aportando “todo o traballo que na nosa Comunidade xa vimos desenvolvendo desde o ano 2017”, cando a Xunta, en colaboración coas sete facultades de Ciencias de Educación e de Formación do Profesorado galegas, deseñou o primeiro marco competencial neste eido que permitiu un cambio no plan de estudos enfocado aos retos de futuro aos que se teñen que enfrontar os docentes cando se incorporan ás aulas.

Atención a novas realidades

Na súa intervención, o conselleiro fixo fincapé en que para avanzar nun sistema educativo de calidade, equitativo e que garanta a igualdade de oportunidades é primordial “anticiparnos aos retos de futuro como son os desafíos demográficos, sociais e tecnolóxicos”. “E para iso -abondou- os docentes son a nosa clave de bóveda e teñen que contar non só con coñecemento, senón tamén saber facer uso dese coñecemento aplicado ás novas realidades que xorden como a diversidade, a integración de alumnos de fóra, as novas ferramentas tecnolóxicas ou o uso da intelixencia artificial no proceso educativo”.

Nesta liña, aposta por unha “visión integral” en tres ámbitos: desde as universidades onde se forman os futuros profesores actuando nos plans de estudos “como fixemos en Galicia”, desde a formación continua unha vez que chegan as aulas con plans anuais de formación en liña cos programas educativos que se implantan e tamén no acceso á función pública afondando en novas fórmulas de selección “dos mellores”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez dá a benvida ao Premio Nobel Klaus von Klitzing nun encontro científico sobre física

Noticias sobre Ensino - Xov, 12/09/2024 - 12:40
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida hoxe a Galicia ao Premio Nobel Klaus von Klitzing, físico e profesor universitario alemán que recibiu esta distinción polo descubrimento do efecto Hall cuantificado. Fíxoo durante o encontro científico Física para o coñecemento e tecnoloxía, que se celebrou no Instituto de Materiais (iMatus), no marco do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago, que coordina Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo . Este programa de divulgación científica achega á capital galega a premios Nobel para reforzar o papel de Galicia no mundo científico.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIMUS con 2,7M€

Noticias sobre Ensino - Xov, 12/09/2024 - 12:37

Summary: 

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitan este centro de investigación

O financiamento permitirá reforzar a medicina de precisión e avanzar no desenvolvemento de novas terapias contra enfermidades crónicas

Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC para coñecer o traballo que están a realizar os seus 199 investigadores. O CiMUS é un referente internacional no estudo de enfermidades crónicas como a obesidade, patoloxías cardiovasculares, neurodexenerativas e cancro, grazas ao seu enfoque multidisciplinar e colaborativo.

O compromiso da Xunta de Galicia con este centro permitirá consolidar os proxectos en marcha, impulsar novas liñas de investigación e fortalecer o enfoque en medicina de precisión e investigación transnacional. Entre os avances tecnolóxicos máis destacados atópanse o desenvolvemento de plataformas avanzadas como o nanodelivery (uso de nanopartículas para o transporte de fármacos) e a secuenciación a nivel de célula única, que supoñen un salto cualitativo no tratamento personalizado de doenzas crónicas.

Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional subliñaron a importancia de seguir fomentando a colaboración entre o ámbito investigador e o empresarial, coa finalidade de promover a transferencia tecnolóxica e situar o CiMUS como líder na creación de novas terapias e fármacos.

Fitos científicos e tecnolóxicos

O CiMUS, creado en 2011, mantén un sólido compromiso coa excelencia científica, destacándose pola súa capacidade para captar fondos competitivos. Cabe salientar, a incorporación do CIMUS á Rede de Centros de Investigación en Excelencia da Xunta de Galicia no ano 2019, e renovada no ano 2024, que o dota dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para a posta en marcha da súa ambiciosa estratexia. Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con máis de 2,7M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos.

Entre 2020 e 2023, obtivo máis de 25 millóns de euros en proxectos e asinou 140 contratos con empresas, que suman 13,4 millóns de euros adicionais. Neste período, os investigadores do centro publicaron centos de artigos en revistas de alto impacto como Cell, Nature e Science.

Destaca a plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, unha das oito Plataformas de Altas Capacidades do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación Europea (ERIC EU-Openscreen) e que dispón dunha das quimiotecas máis importantes de España e Europa. A Xunta de Galicia achegou 5 millóns de euros nos últimos tres anos, de fondos europeos REACT-UE dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para a adquisición e actualización do equipamento científico-tecnolóxico e a contratación de persoal especializado. A maiores, o Goberno galego leva inxectado neste centro de investigación máis de 6,6M€ para apoiar a súa actividade.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Romaría da Nosa Señora da Barca

Axenda Cultural - Xov, 12/09/2024 - 11:00

De 12 de setembro a 16 de setembro
Muxía - Muxía - A Coruña

O santuario da Virxe da Nosa Señora da Barca é un dos lugares de peregrinación máis antigos de Galicia. Conta a lenda que a Virxe chegou aquí para dar ánimos ao Apóstolo Santiago no seu labor evanxelizador, nunha barca de pedra, cuxos restos se atopan entre as grandes moles graníticas que baña o mar xunto ao santuario. Unha delas é a Pedra dos Cadrís, que simboliza a barca, por debaixo da cal pasan nove veces os romeiros nun ritual ancestral para curar os males reumáticos; outra, a que simboliza a vela, é a Pedra de Abalar, unha mole que se balancea baixo os pés cun pouco de paciencia, aínda que a lenda di que só poden facela oscilar as persoas libres de pecado; e, a terceira, a Pedra do Temón, que simboliza o temón da barca. A todas elas atribúenselles propiedades curativas.

A romaría da Nosa Señora da Barca é unha das máis concorridas de Galicia e, como é habitual nelas, é un compendio de relixiosidade, ritos pagáns, comida campestre e troula. Desde o sábado, o camiño que leva ao santuario é unha continua procesión de xente –moitas persoas chegan andando desde as súas localidades de orixe– e vanse colocando os postos da festa. Entre música de gaitas e pandeiretas, os romeiros gozan da súa comida campestre. A troula segue pola noite na localidade, e o domingo pola mañá os devotos acoden á misa ao ar libre no exterior do santuario e á procesión ata a vila onde teñen lugar a bendición das augas e unha enxordecedora traca de foguetes e morteiros.

Categorías: Cultura

Puan

Axenda Cultural - Mér, 11/09/2024 - 20:30

11 de setembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Marcelo (Marcelo Subiotto) dedicou a vida toda ao ensino de filosofía na Universidade de Buenos Aires. Cando o seu mentor morre de súpeto, asume que herdará a titularidade da cátedra vacante. Non imaxina que o carismático Rafael Sujarchuk (Leonardo Sbaraglia) volverá de Alemaña para disputarlle o posto.

Categorías: Cultura

Unha tarde especial con Dori

Axenda Cultural - Mér, 11/09/2024 - 18:00

11 de setembro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Lalín - Lalín - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

“Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

35 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/09/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Biblioteca Varela Jácome de Lalín

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut