Skip to Content

Axenda Cultural

Distribuir contido
Actualizado: hace 58 min 17 seg

Gran espectáculo da maxia celta

Dom, 23/06/2024 - 18:30

23 de xuño, 18:30
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra

Gran espectáculo de máxia onda nada é o que parece

Categorías: Cultura

Dique

Dom, 23/06/2024 - 18:00

23 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.

Tradición e modernidade. Fortaleza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol. Nova Galega de Danza pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre esta historia, que o vindeiro venres 21 de xuño volverá á nosa memoria sobre as táboas do Salón Teatro do Centro Dramático Galego coa estrea absoluta de Dique.

Dique é un espectáculo coproducido pola compañía Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.

 

FICHA ARTÍSTICA

Idea orixinal: Nova Galega de Danza

Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos

Coreografía: Belén Martí Lluch

Deseño sonoro e composición musical: Clara Aguilar

Bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites

Axudante de coreografía: Ana Botía

Cover: Lúa Cárdenas

Construcción de pedras: Castells y Planas

Realización de vestiario: María Negreira

Dirección técnica: Cristina Bolívar

Dirección de produción: Ana Díez

Fotografía: Vanessa Rábade

Deseño de cartel e creatividade: Patricia Portela

Comunicación: The Office Comunicación

Categorías: Cultura

Son animal

Dom, 23/06/2024 - 13:00

23 de xuño, 13:00
Praza Alcalde Antonio Losada Rojo - Monterroso - Lugo

Benvidas e benvidos a SON ANIMAL. Un novo espectáculo de Paco Nogueiras adicado aos animáis máis cercanos e aosseussons convertidos en divertidas cancións. 

Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos... co seu SON.

O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña, ou zunido do mosquito convértense en divertidas cancións da man de Paco Nogueiras. Cancións que noslevan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aosritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock&roll, dende unha fanfarria circense ate unha melodía de influencias andinas. 

Preparémonos para cantar como ANIMAIS, pois o gran SON dos nosos amigos ANIMAIS está a piques de comezar a soar.

Categorías: Cultura

Festas de San Xoán 2024-Praza de Mazarelos

Dom, 23/06/2024 - 10:00

23 de xuño, 10:00
Praza de Mazarelos - Santiago de Compostela - A Coruña

Coincidindo coas Festas de San Xoán, que enchen a cidade de vistosas e máxicas cacharelas, a Praza de Mazarelos acolle diversidade de actividades, obradoiros e actuacións para a posta en valor dos ritos e tradicións galegas desta época do ano, marcada polo solsticio de verán. Ademais, haberá paseos pola senda fluvial do Sar para recollida das herbas de San Xoán.
23 DE XUÑO 
MAÑÁ e TARDE

ESPAZO PALLEIRO para peques + PHOTOCALL + AUGA MÁXICA + PUNTO DE INFORMACIÓN DAS CACHARELAS
MAÑÁ

TARDE

  • 16.00h-19.00h Pasarrúas de A.C. Argalleiros e A.C. Pena Maior de Marrozos 17.00h Obradoiro de chaveiros e colgantes de arxila con plantas secas
  • 17.00h Obradoiro de pandeireta e percusións INSCRICIÓN AQUÍ
  • 18.00h Obradoiro de baile galego INSCRICIÓN AQUÍ
  • 18.00h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
  • 18.00h Obradoiro de vasoiriñas máxicas de xesta INSCRICIÓN AQUÍ
  • 18.30h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
  • 19.00h Obradoiro de xogos con música INSCRICIÓN AQUÍ
  • 19.00h Obradoiro de herbas de San Xoán INSCRICIÓN AQUÍ
  • 19.30h-21.30h “Colle e vai” de herbas de San Xoán
  • 20.30h Noite Máxica co Mago Marco
  • 21.30h Actuación de Cantigas e Agarimos
  • 22.00h Conxuro + degustación de Queimada
  • 22.15h Foliada aberta con Cantigas e Agarimos

PASEOS BOTÁNICOS*Recollida de herbas de San Xoán 10.00h-11.30h / 16.00h-17.30hPunto de encontro: Ponte do SarPercorrido: Senda do río Sar - Restollal*Reserva previa recomendada INSCRICIÓN AQUÍ

    Actividades gratuítas, abertas a público local e visitantes, de 0 a 99 anos.

     

       

      Categorías: Cultura

      Fogueiras de San Xoán

      Dom, 23/06/2024 - 00:00

      23 de xuño (hora sen determinar)
      varios espazos - A Coruña - A Coruña

      Se hai un lugar no que a Noite de San Xoán se vive entusiastamente ese é A Coruña, onde a noite máis curta do ano vai precedida de toda unha semana de actos e preparativos. Desde a mañá anúnciase a festa con desfile de bandas e carrozas de meigas para que a queima da fogueira volva ser un momento máxico e inigualable no calendario anual. O olor das sardiñas asadas e do lume invade a cidade na noite do 23 de xuño debido as fogueiras que se alzan en numerosos puntos. Moita xente participa neste culto ancestral ao lume co que se celebra a entrada do verán e cumpre co rito de pedir desexos saltando sobre as chamas. Pero a fogueira máis concorrida é a que se alza na praia de Riazor, coa figura dunha bruxa de cartón pedra, arredor da que se satirizan sucesos da vida política e social vividos ao longo do ano, antes de lle prender lume. Ata aquí chegan en cabalgata a Meiga Maior, a Meiga Maior Infantil e as súas respectivas meigas de honra, que son as encargadas de acender a fogueira, nun espectáculo que ateiga as praias de Riazor e do Orzán, sementadas á súa vez de pequenas fogueiras de mozos e mozas espontáneos, mentres algunhas persoas cumpren co rito purificador do baño das nove ondas. Nunha noite como esta, enchida de elementos rituais, a festa prolóngase ao ar libre ou polos locais do Paseo Marítimo ata a mañanciña.

      Para non perderse:
      Fogueira de Riazor, que é acendida ás 12 da noite polas Meigas Maior e Infantil.
       

      Categorías: Cultura

      Liberar as arterias

      Sáb, 22/06/2024 - 22:00

      22 de xuño, 22:00
      San Xiao - Narón - A Coruña

      Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

      Categorías: Cultura

      Coa palabra na boca

      Sáb, 22/06/2024 - 21:00

      22 de xuño, 21:00
      antigo campo da Feira da Pobra do Brollón - A Pobra do Brollón - Lugo

      A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontrarnos á vida e á morte. Historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome. Historias de vida que beirean a morte e de mortos que volven a este mundo.

      Categorías: Cultura

      Dique

      Sáb, 22/06/2024 - 20:30

      22 de xuño, 20:30
      Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

      Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

      No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.

      Tradición e modernidade. Fortaleza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol. Nova Galega de Danza pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre esta historia, que o vindeiro venres 21 de xuño volverá á nosa memoria sobre as táboas do Salón Teatro do Centro Dramático Galego coa estrea absoluta de Dique.

      Dique é un espectáculo coproducido pola compañía Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.

       

      FICHA ARTÍSTICA

      Idea orixinal: Nova Galega de Danza

      Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos

      Coreografía: Belén Martí Lluch

      Deseño sonoro e composición musical: Clara Aguilar

      Bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites

      Axudante de coreografía: Ana Botía

      Cover: Lúa Cárdenas

      Construcción de pedras: Castells y Planas

      Realización de vestiario: María Negreira

      Dirección técnica: Cristina Bolívar

      Dirección de produción: Ana Díez

      Fotografía: Vanessa Rábade

      Deseño de cartel e creatividade: Patricia Portela

      Comunicación: The Office Comunicación

       

      Categorías: Cultura

      Latas

      Sáb, 22/06/2024 - 20:30

      22 de xuño, 20:30
      Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña

      Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase. Unha invitación para xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.

      Categorías: Cultura

      De Vilatriste a Vilalegre

      Sáb, 22/06/2024 - 20:30

      22 de xuño, 20:30
      Praza do Concello - A Peroxa - Ourense

      Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

      Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

      A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

      TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
      DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
      ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
      ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
      VESTIARIO: Carmen Pichel
      MÚSICA: Brais das Hortas

       

       

      Categorías: Cultura

      O medo é libre

      Sáb, 22/06/2024 - 20:00

      22 de xuño, 20:00
      Local Social Cabarcos - Barreiros - Lugo

      O MEDO É LIBRE é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral.

      Trata a temática do medo, unha emoción coñecida por todos por ternos atopado con el nalgún momento da nosa vida.

      Os contos recollidos nesta sesión son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Aínda así eles non teñen a última palabra, porque o medo é libre, si..., pero nós podemos decidir que grao de liberdade queremos darlle.

      Categorías: Cultura

      Chulísima

      Sáb, 22/06/2024 - 20:00

      22 de xuño, 20:00
      Paseo MarÍtimo - Muxía - A Coruña

      En Chulísima Aldao e Lado volven empregar a retranca, o humor, a poesía e a música para achegar a quen desexe atreverse a nosa lingua. Durante o espectáculo contamos a historia do galego como nunca cha contaron, moi rápido, moi claro e con bastante sentido do humor. E intentamos desmontar algún dos prexuízos que algunhas persoas usan como escusa para non dicir as súas primeiras frases en galego. Non é unha palestra sobre a historia da lingua, nin unha análise científica sobre a súa situación actual. Nin sequera é un espectáculo didáctico. Pero seguro que descobres cousas. E se vendo CHULÍSIMA aprendes algo é porque es unha persoa intelixente e sensible. Daquela estás preparada para falar galego.

      Categorías: Cultura

      María Faltri. Picadiscos

      Sáb, 22/06/2024 - 20:00

      22 de xuño, 20:00
      Piscina Municipal da Senra - Rois - A Coruña

      María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

      Categorías: Cultura

      Sús & Mel

      Sáb, 22/06/2024 - 20:00

      22 de xuño, 20:00
      Rúa Nova, 22 - Santiago de Compostela - A Coruña

      Sús é o proxecto a solo da artista portuguesa Susana Nunes,  unha proposta entre a electrónica experimental e o art pop que se move entre diferentes formatos de expresión artística, a música electrónica de vangarda, o fado e a lírica portuguesa, sempre co son e a exploración da voz como vehículo principal.
      Mel é un proxecto liderado por Lucas de Centi e Sandra Pérez que explora a mestura de diferentes estilos de música electrónica con elementos da música tradicional e do jazz. A súa aposta por un espectáculo baseado na improvisación conta coa participación de Antía Muíño na voz e con Miguel Arribas nos saxos e efectos sonoros.
      Lucas de Centi – marimba, vibráfono e electrónicaSandra Pérez - marimba, vibráfono e electrónicaMiguel Arribas – saxoAntía Muíño - voz
       

      Categorías: Cultura

      Peque disco Moc Moc

      Sáb, 22/06/2024 - 20:00

      22 de xuño, 20:00
      Campo da Feira - Santa Comba - A Coruña

      Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!

      Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.

      Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡YES BABY!

      Todo iso aderezado cun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume ou luz e sobre todo moito humor.

      Porque nesta disco non hai límite de idade

      Categorías: Cultura

      "Se as árbores falaran"

      Sáb, 22/06/2024 - 19:30

      22 de xuño, 19:30
      Biblioteca Pública Municipal de Alfoz - Alfoz - Lugo

      Texto de presentación da actividadeUn incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai achar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non.   ProgramaLER CONTA MOITOPúblico/s ao/aos que vai dirixido

      • Público infantil (3-12)

      Duración45 minutosSesións

      • Sesión única: 22/06/2024 - 19:30

      Lugar de celebraciónBiblioteca Pública Municipal

      Categorías: Cultura

      As minas do rei Salomón

      Sáb, 22/06/2024 - 19:00

      22 de xuño, 19:00
      Salón Teatro - Lalín - Pontevedra

      Unha aventura por África evocando as peliculas dos anos 30 e 40... Quatermain, un cazador experimentado, é contratado por un magnate estadounidense para atopar as lexendarias minas do rei Salomón. Viaxes en avións de hélices, loitas con feras, enfrontamentos con canivais... incluso un encontro co mismísimo Tarzán... Unha divertida aventura por África cunha mensaxe ecoloxista. Cunha escenografía chea de sorpresas, Ghazafelhos aborda outro clásico co estilo ao que nos teñen acostumados como ; A Illa sen Tesouro, As Mil e unha noites ou o Vendedor de fume.

      Categorías: Cultura

      Conto-concerto

      Sáb, 22/06/2024 - 18:00

      22 de xuño, 18:00
      Refuxio de Pescadores de Cobas - Negreira - A Coruña

      Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

      Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

      O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar ca música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

      Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.

      Categorías: Cultura

      Buenos días

      Sáb, 22/06/2024 - 18:00

      22 de xuño, 18:00
      Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

      Os irmáns Minoru e Isamu Hayashi son dous adolescentes que viven cos pais e a tía nun barrio dos arrabaldes de Toquio nos anos 50. O barrio está a transformarse moi rápido.

      Categorías: Cultura

      De Vilatriste a Vilalegre

      Sáb, 22/06/2024 - 12:00

      22 de xuño, 12:00
      Pazo de Mos - Mos - Pontevedra

      Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

      Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

      A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

      TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
      DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
      ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
      ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
      VESTIARIO: Carmen Pichel
      MÚSICA: Brais das Hortas

       

       

      Categorías: Cultura


      by Dr. Radut