Skip to Content

Campo a través en Ribadavia

A chuvia convertiu o campo de fútbol de Ribadavia nunha pista de patinaxe, pero non impediu que o alumnado desfrutara dunha agradable xornada e acadase, ademais fantásticos resultados nas carreiras

6, 7 e 8 de decembro non lectivos

Os seguintes días non son lectivos, e o centro permanecerá pechado:

- 6 de decembro: Día da Constitución.

- 7 de decembro: Día do Ensino.

- 8 de decembro: Día da Inmaculada.

 

As clases reanudaranse o día 9 de decembro

Celebrando o día dos dereitos da infancia

Debido á meteoroloxía adversa, as actividades que estaban inicialmente previstas para ser celebradas no Pazo de Baión, tiveron lugar no polideportivo que se atopa a uns poucos metros.

Aínda que houbo que recurrir o plan B, o alumnado puido bailar con Bob Esponxa, ademais de subir ao escenario, co presentador Terio Carrera, para contar o que traballaron nos seus centros sobre o tema.

Xa se poden ver as fotos

A celebración do magosto

Como cada ano, o día 12 de novembre celebramos o magosto. Aparte de numerosas actividades nas aulas, coma o concurso de traballos con castañas, o venres pola tarde, despois de comer, asáronse as castañas no lume, que os nenos e as nenas degustaron con entusiasmo.

Na galería de fotos pódense ver os momentos máis relevantes da celebración.

Viaxe ao Pazo de Baión, con motivo da celebración da Declaración dos dereitos das Nenas e dos Nenos.

19/11/2010 00:00
19/11/2010 15:30
Etc/GMT+1

O alumnado do segundo e terceiro ciclo viaxará o 19 de novembro a Vilanova de Arousa, para participar nunha actividade que organizan UNICEF e a Acociación O CASTRO de Baión, para celebrar a Declaración dos dereitos das Nenas e dos Nenos.

Despois da chegada en autobús, que os nenos e as nenas deberán coller ás 9:00 da mañá no colexio, serán recibidos polas persoas que organizan o evento. A continuación visitarán o Gran Mural dos Dereitos dos Nenos, elaborado con traballos de todo o alumnado participante (espérase que participen preto de 1000 nenos e nenas). Despois de ver o mural uniranse ás actividades levadas a cabo por un grupo de animación infantil. Máis tarde proxectarase un video titulado "Os dereitos da infancia no mundo". Logo de unha actividade de reflexión sobre os dereitos dos Nenos e das Nenas, rematarase a xornada cun acto lúdico-festivo e coa merenda, que será proporcionada pola organización a todos os participantes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut