Skip to Content

Almorzos saudables

O  pasado xoves, 7 de febreiro, recibimos no centro unha charla sobre os almorzos saudables. Ademais, tivemos a ocasión de poñer en práctica o aprendido no comedor.

Ver fotos

Festival de nadal

Xa podedes ver unha reportaxe en video sobre o festival de nadal.

Ver video

O magosto

O pasado venres, 9 de novembro, celebrouse o magosto no colexio. Despois dunha dura xornada de estudo, o alumnado puido desfrutar dunha tarde lúdica entre chourizos, castañas e carbuzos.

Ver fotos

Encontro xadrecístico co colexio Luis Vives

O noso equipo de xadrez viviu esta apasionante xornada de xadrez, na que compartiron unhas horas cos nenos e as nenas do equipo do colexio Luis Vives. O próximo curso xa nos citamos para ver se lle damos a volta ó resultado, xa que os visitantes gañaron por un resultado de 23 e medio a 12 e medio. Como se pode ver no cadro de resultados, os nosos xogadores e xogadoras conseguiron gañar algunhas das partidas aínda que non dispuxeron de adestramentos habituais.

Clasificación

Foto

Distribuir contido


by Dr. Radut