Skip to Content

Os alumnos e as alumnas de segundo ciclo únense a un proxecto internacional

O proxecto consiste en intercambiar receitas  típicas de cada país. De momento están en contacto con colexios de varios países, como Grecia, Polonia, Turquia, Estonia, Bulgaria, etc.

Pódese ver a páxina do proxecto aquí

Tarde de terror no Samaín

Máis fotos

O pasado 28 de outubro celebrouse o Samaín no centro. Coincidiu a celebración cunha serie de actividades que durante a semana se levaron a cabo nas clases de inglés en torno o Halloween. Pero a festa final reuniu a todos os alumnos e as alumnas na biblioteca, que ambientada coas cabazas que eles mesmos decoraran, serviu de escenario perfecto para as historias de medo que leron algúns compañeiros.

Tamén se aproveitou a ocasión para premiar os gañadores do concurso de decoración de cabazas, no que tamén recibiron un obsequio todos os participantes.

Comezo das clases

12/09/2011 09:15
12/09/2011 15:15
Etc/GMT+1

Benvidos ó novo curso escolar 2011-2012. Coma nos últimos cursos, o horario durante o mes de setembro será de 9:15 a 15:15.

Vémonos o luns día 12.

Visita ó Ecoparque Multiaventura de Marín

Aínda que a viaxe foi bastante longa, ben mereceu a pena. Dende o máis pequeno ata o máis grande pasárono pipa trepando entre os árbores, sempre coa axuda dos monitores.

Despois do bocadillo había ganas de trepar un pouco máis, pero xa houbo que coller o autobús para a volta.

Fotos

Exhibición de Judo

O mércores 18, o alumnado puido desfrutar dunha exhibición de Judo ofrecida por un monitor da Federación.

Distribuir contido


by Dr. Radut