Skip to Content

Celebración do día das letras galegas

Lois Pereiro O alumnado do colexio reuniuse no patio para celebrar o día das letras galegas. Despois dun recorrido pola exposición de carteis sobre a vida de Lois Pereiro, estiveron aprendendo bailes tradicionais galegos.

O equipo de xadrez do colexio na final do Deporte Escolar

O equipo en plena partida

O equipo de xadrez do colexio, formado por cinco alumnos, desprazouse o pasado xoves, día 12, a Ourense, para disputar a final provincial do Deporte Escolar, na modalide de xadrez. Aínda que non lograron gañar os encontros que disputaron, todos volveron moi contentos pola experiencia vivida, na que puideron ver de primeira man o gran nivel de xogo dalgúns xogadores Ourensáns, entre os que se atopaban varios campións provinciais e galegos.

Ver máis fotos

Deporte escolar

24/03/2011 10:30
24/03/2011 13:30
Etc/GMT+1

O alumnado achegarase a Ribadavia para gozar dunha xornada adicada ó deporte.

Xogos Populares

05/04/2011 09:30
05/04/2011 11:30
Etc/GMT+1

A asociación Xaquín Lourenzo achegarase ó centro para presentar ó alumnado uns xogos populares.

O entroido

O alumnado do colexio amosou os disfraces que tanto traballo lles deu preparar polas rúas de Leiro. Parouse un ratiño na praza para que os viandantes puidesen admirar o colorido dos seus traxes e bailar coa música, parte do CD, e parte dos profesores que levaban algún instrumento.

Ver as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut