Skip to Content

Teatro en Bande

Grande éxito da obra representada polos nosos alumnos e alumnas no audiotorio de CEIP Xaquín Lourenzo, en Bande. Ademais, houbo tempo suficiente para facer amigos entre os alumnos e as alumnas do outro colexio.

Ver a primeira parte

Ver a segunda parte

Falando con Francia


O luns non puido ser, xusto coincidiu unha gran tormenta no sur de Francia que inhabilitou Internet no colexio dos nosos socios europeos. Esta mañá sí que puido ser. Varias parellas voluntarias formadas por alumnos e alumnas do segundo e do terceiro ciclo fixeron un primeiro intercambio cos socios franceses. Tamén cinco parellas. Preguntáronse os nomes, as súas cores preferidas, as súas asignaturas preferidas.

Grazas ó moito que practican o inglés os nosos alumnas e alumnas entendéronse perfectamente cos alumnos e as alumnas francesas. Ó final, eles ensináronnos algunhas palabras en francés e nós ensinámoslles algunhas en español.

Videoconferencia

etwinning

O próximo 20 de abril os nosos alumnos e alumnas van participar noutro proxecto europeo a través da plataforma etwinning. Neste caso será unha videoconferencia cun colexio de Francia, durante a que terán que amosar os seus coñecementos de ingleś.

Saída a Ourense

 
O pasado xoves, 12 de abril, o alumnado do colexio viaxou a Ourense. No caso dos maiores, foron a Expourense, onde aprenderon as normas de circulación e despois puxéronas en práctica. Primeiro camiñando, despois en bici e despois nuns karts que tiñan por alí. Os máis pequenos foron a Dragonenos, xa que aínda non enteden moi ben isto das sinais.

O entroido

Este ano tivemos varias novidades no entroido. A primeira delas, que o desfile foi no colexio, ó contrario ca outros anos, cando se paseaba por Leiro. A segunda foi a convivencia de pais e nais, onde cada un trouxo algún postre tradicional para compartir. A experiencia foi todo un éxito, desfrutando dun agradable rato coñecendo a outros membros da comunidade educativa.

Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut