Skip to Content

Xogos tradicionais

A asociación "Xaquín Lourenzo" proporcionunos a posibilidade de recibir unhas xornadas sobre xogos tradicionais galegos.

Ver fotos

Deporte escolar

Durante o pasado mes, os nosos alumnos e alumnas participaron en varias xornadas deportivas convivindo con colexios da zona.

Pódense ver as fotos

Felices festas

Desexámosvos a todos unhas felices festas!

Aquí tedes os traballos dos gañadores do concurso de felicitacións de nadal.

Debuxo de Laura (Educación Infantil)

Nesta época do ano

na mesa sempre un pano,

pois sempre debemos usalo

para limpar o pavo.

É momento de celebralo

pois comeza un novo ano.

Deixa atrás os problemas

e comeza de novo este ano.


Texto de Eduardo (Terceiro ciclo)

Festival de Nadal

21/12/2011 14:00
21/12/2011 15:30
Etc/GMT+1

Estimadas familias:

O día 20 de decembro será a entrega de notas. Será de 15:30 a 16:30. O día 21 faremos o festival de Nadal. Empezará sobre as 14:00 horas ata rematar. O transporte sairá do Colexio ás 15:30. Quedan convidados a esta celebración.

BOAS FESTAS!

Concurso de felicitacións de Nadal

Os alumnos e as alumnas que  queiran participar terán dúas posibilidades:

-DEBUXO: Os que participen nesta modalidade presentarán un debuxo ó su titor ou titora nun folio. A técnica é libre.

-TEXTO: Os participantes desta modalidade presentarán nun folio un texto no que feliciten as festas.

Pódese participar nas dúas modalidades. O prazo para presentar traballos remata o día 12 de decembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut