Novas

Fin de trimestre

in

Queridas familias:

Encantounos ter compartido con vós unha parte da mañá e sobre todo ter podido falar de forma relaxada e con tempo da evolución e o progreso das crianzas ao longo de todos estes meses.

Ogallá que a as nosas palabras e comentarios vos transmitisen o orgullos@s que estamos delas/es e do esforzo, interese e ilusión que hai detrás das notas dos boletíns.

Despedímosnos ata o ano que ven non sen antes propoñervos unha actividade en familia, adaptable a todas as idades, para estes días.

Boas festas e boa entrada de ano.

A dirección e o Claustro.

ADORNOS DE NADAL

 

 

 

19D Visita a O Rosal

Queridas familias:

Ante a previsión de chuvia para a saída do luns decidimos facer os seguintes cambios:

A dirección e o Claustro.

Moitísimas grazas

Queridas familias:

Moitísimas grazas de corazón. No noso nome e tamén no de SOS Tomiño.

 

28N a 2D: Recollida de alimentos solidaria para SOS Tomiño

Queridas familias:

Entre os días 28 de novembro e 2 de decembro imos realizar unha recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para SOS Tomiño. Non aceptan alimentos frescos, pero pregámosvos que teñades en conta as seguintes indicacións:

Pinchade na imaxe para ampliala.

 

7N Comezamos os "Luns na biblioteca"

Queridas familias:

O vindeiro día 7, entre as 16h e as 17h, comezamos os "Luns na bilioteca". Trátase de actividades gratuítas destinadas ás familias tanto de Infantil como de Primaria.

Comezaremos cun obradoiro científico para Primaria e a semana seguinte desenvolveremos outro para Infantil. A idea é ir alternando obradoiros sobre distintos temas para as dúas etapas todos os luns ata as vacacións de Nadal.

Podedes anotarvos vía Abalar.

Animádevos !!

Vai ser divertido!! 

Obradoiros para familias na Abadía en Loureza: "Educando emocións"

Actividade aberta a todas as persoas interesadas.

Pinchade na imaxe.

Aula de teatro do concello de O Rosal

in

Queridas familias:

Estes días está a se poñer en marcha unha actividade moi interesante moi preto de nós: a nova Aula de teatro do concello de O Rosal. Aquí tedes toda a información no caso de que esteades interesadas en apoiala e participar.

Pinchade na imaxe

4O Xuntanzas coas familias

in
04/10/2022 16:30
Europe/Madrid

22D Entrega de boletíns

in
22/12/2022 09:00
22/12/2022 14:00
Europe/Madrid
Distribuir contido