Novas

Curso de banda deseñada con Kiko da SIlva

in
O álbum elixido (aid = 149) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Os 3 porquiños en Infantil

Funcionamento da Aula Virtual mentres agardamos o comunicado da Consellería

in

Queridas familias:

Seguimos pendentes da publicación do comunicado da Consellaría no que nos van dar instrucións sobre como temos que desenvolver o noso traballo durante o terceiro trimestre, se imos avanzar nos contidos e si van ser ou non avaliables.

Mañá mércores vai ter lugar unha xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación na que participan o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas, confiamos en que a Consellería emita o comunicado xusto despois de que remate.

Pola nosa banda, imos ter unha xuntanza de coordinación o xoves para empezar a levar á práctica no noso centro as indicacións que nos sexan dadas.

Por todo isto, estes días as tarefas para todo o alumnado de Infantil e de Primaria estarán propostas desde a Biblioteca Virtual Refoxeira (BVR) da aula virtual. Estas son as que agora mesmo temos en marcha:

 

- BVR: Carteleira Teatral.

- BVR: Galicia Le

BVR: Xornal o Papagaio.

BVR: Obradoiro de maxia con Luís Piedrahita.

- BVR: Obradoiros de cociña. Álbum na Web do colexio.

BVR: Día da poesía. Álbum na Web do colexio.

BVR: Facemos un moneco “quitapesares”. Álbum na Web do colexio.

BVR: Curso de banda deseñada con Kiko da SilvaÁlbum na Web do colexio.

BVR: Quedemos na casa na compaña dos libros. Álbum na Web do colexio.

BVR: Deseña a cabeceira da Web do colexio. Álbum na Web do colexio.

- BVR: Creamos monicreques para contar unha historia. Álbum na Web do colexio.

 

Ao longo da mañá imos ir enviándovos información sobre a nova organización simplificada da Aula Virtual. Tédea, por favor, en conta xa que vai ser o noso lugar de encontro e traballo durante os próximos meses.

Un saúdo e moito ánimo. 

A dirección e o Claustro 

 

AV: Organización dos cursos de Infantil

in

Queridas familias:

O noso principal obxectivo é simplificar o máximo posible a organización da Aula Virtual para que sexa asequible para todo o mundo, por iso reunimos as tarefas de todas as áreas nunha soa sección semanal.

Cada área ten so dous apartados, o primeiro ten a explicación da tarefa e o segundo ten a entrega. Segundo vaiamos coñecendo máis as posibilidades que nos proporciona a aula virtual irémolas enriquecendo.

En principio publicaremos tarefas novas todos os luns, aínda que iso pode cambiar para adaptar o ritmo de traballo ás necesidades das crianzas.

AV: Organización dos cursos de Primaria

in

Queridas familias:

O noso principal obxectivo é simplificar o máximo posible a organización da Aula Virtual para que sexa asequible para todo o mundo, por iso reunimos as tarefas de todas as áreas nunha soa sección semanal.

Cada área ten so dous apartados, o primeiro ten a explicación da tarefa e o segundo ten a entrega. Segundo vaiamos coñecendo máis as posibilidades que nos proporciona a aula virtual irémolas enriquecendo.

En principio publicaremos tarefas novas todos os luns, aínda que iso pode cambiar para adaptar o ritmo de traballo ás necesidades das crianzas.

 

AV: Como contactar co profesorado a través da aula virtual

in

1º Instala esta APP pinchando nesta imaxe.

 

2º Entra na app do mesmo xeito que entras na aula virtual.

 

3º Copia o enderezo da aula virtual e pégao en Dirección del sitio.

O enderezo da aula virtual é este:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderefoxos/aulavirtual/

 

4º Pincha nas 3 liñas que hai no recuncho superior esquerdo.

 

5º Pincha no botón Mensaxería.

 

6º Pincha no botón Contactos na parte inferior dereita, escribe o nome do membro do profesorado no rectangulo blanco da parte superior e pincha no botón coa lupa que ten ao lado para buscalo.

 

7º Pincha enriba do nome da persoa.

 

 

8º Pincha no círculo branco que hai na parte superior dereita.

 

9º Pincha en Añadir contacto para gardalo na axenda de contactos da aula virtual.

 

10º Fai o mesmo co resto dos membros do profesorado.

 

 

As familias que dispoñan dun ordenador poderán ter acceso aos contactos gardados desde o móbil pinchando en Meu perfil do menú Navegación e despois en Mensaxes.

 

AV Obradoiros de cociña

in
 
Pinchade na imaxe para ver todas as fotos.
 
Álbum: Curso 19-20 -> BVR Obradoiros de cociña

Deseña a cabeceira da Web do colexio

in
Álbum: Curso 19-20 -> BVR Cabeceira Web

AV: Entrega de tarefas na Aula Virtual

in

 

1. Converte as fotos nun PDF e ponlle o teu nome.

Para crear un PDF cun ordenador:

- Fai unha foto co móbil en vertical de cada páxina.

- Selecciona todas as fotos xuntas: Pulsa o botón CTRL do teclado e sen soltalo vai pinchando nas fotos.

- Pincha enriba do que seleccionaches co botón dereito do rato.

- No menú que aparece pincha en Imprimir.

- Na nova ventá:

Impresora: Print to PDF

Tamaño papel:  A4

Desmarca  Enmarcar la imagen

Pincha en Opciones na parte inferior dereita.

Elixe a opción Orientacion Vertical e dalle a Aceptar

- Pincha no botón Imprimir e ponlle o teu nome ao arquivo antes de gardalo.

 

Para crear un PDF cunha tablet ou un móbil:

- Fai unha foto co móbil en vertical de cada páxina. 

- Selecciona todas as fotos xuntas na Galería.

- Pincha enriba dos tres puntiños (Más) que hai abaixo á dereita.

- Pincha en Imprimir o exportar a PDF.

- Na nova ventá escolle:

Tamaño papel: ISO A4

Orientación: Vertical 

- Pincha no botón azul ponlle o teu nome ao arquivo antes de gardalo.

- O arquivo queda gardado na carpeta Descargas.

 

 

2. Na aula virtual pincha no botón Entrega e despois en Engadir entrega.

 

2. Pincha no primeiro botón que hai na barra gris enriba do espazo sinalado coa frecha azul.

 

 

 2. Pincha en Enviar un ficheiro. despois en Seleccionar archivo e selecciona o PDF que creaches co teu nome.

 

 

3. Comproba que se cargou o arquivo e pincha en Enviar este ficheiro.

 

 

4. Cando remates pincha no botón azul "Gardar os cambios".

 

 

5. Lembra que os envíos pódense editar se precisas engadir arquivos ou retiralos.

 

Distribuir contido