AV: Organización dos cursos de Primaria

in

Queridas familias:

O noso principal obxectivo é simplificar o máximo posible a organización da Aula Virtual para que sexa asequible para todo o mundo, por iso reunimos as tarefas de todas as áreas nunha soa sección semanal.

Cada área ten so dous apartados, o primeiro ten a explicación da tarefa e o segundo ten a entrega. Segundo vaiamos coñecendo máis as posibilidades que nos proporciona a aula virtual irémolas enriquecendo.

En principio publicaremos tarefas novas todos os luns, aínda que iso pode cambiar para adaptar o ritmo de traballo ás necesidades das crianzas.