AV: Entrega de tarefas na Aula Virtual

in

 

1. Converte as fotos nun PDF e ponlle o teu nome.

Para crear un PDF cun ordenador:

- Fai unha foto co móbil en vertical de cada páxina.

- Selecciona todas as fotos xuntas: Pulsa o botón CTRL do teclado e sen soltalo vai pinchando nas fotos.

- Pincha enriba do que seleccionaches co botón dereito do rato.

- No menú que aparece pincha en Imprimir.

- Na nova ventá:

Impresora: Print to PDF

Tamaño papel:  A4

Desmarca  Enmarcar la imagen

Pincha en Opciones na parte inferior dereita.

Elixe a opción Orientacion Vertical e dalle a Aceptar

- Pincha no botón Imprimir e ponlle o teu nome ao arquivo antes de gardalo.

 

Para crear un PDF cunha tablet ou un móbil:

- Fai unha foto co móbil en vertical de cada páxina. 

- Selecciona todas as fotos xuntas na Galería.

- Pincha enriba dos tres puntiños (Más) que hai abaixo á dereita.

- Pincha en Imprimir o exportar a PDF.

- Na nova ventá escolle:

Tamaño papel: ISO A4

Orientación: Vertical 

- Pincha no botón azul ponlle o teu nome ao arquivo antes de gardalo.

- O arquivo queda gardado na carpeta Descargas.

 

 

2. Na aula virtual pincha no botón Entrega e despois en Engadir entrega.

 

2. Pincha no primeiro botón que hai na barra gris enriba do espazo sinalado coa frecha azul.

 

 

 2. Pincha en Enviar un ficheiro. despois en Seleccionar archivo e selecciona o PDF que creaches co teu nome.

 

 

3. Comproba que se cargou o arquivo e pincha en Enviar este ficheiro.

 

 

4. Cando remates pincha no botón azul "Gardar os cambios".

 

 

5. Lembra que os envíos pódense editar se precisas engadir arquivos ou retiralos.