Novas

22 D Publicación das calificacións do 1º Trimestre

in
22/12/2020 09:00
Europe/Madrid

 

 

30 O "Samagosto"

30/10/2020 09:00
Europe/Madrid

 

 

Xuntanzas informativas de inicio de curso

in

Queridas familias:

As datas e horas das xuntanzas informativas de inicio de curso son as seguintes:

 

MARTES 8

-    09:30h Xuntanza familias grupo de 5ºEP-6ºEP.

-    11:00h Xuntanza familias grupo de 3ºEP-4ºEP.

-    12.30h Xuntanza familias grupo de 1ºEP-2ºEP.

 

MÉRCORES 9

-     09:30h Xuntanza familias de grupo Infantil.

 

Pola saude de tod@s, pregamos o uso de máscara e que por favor asista só unha persoa por familia para evitar aglomeracións.

 

Xuntanzas de inicio de curso coas familias

in
09/09/2020 00:00
Europe/Madrid

Comezo das clases para 5 anos, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP.

in
11/09/2020 09:00
Europe/Madrid

Comezo das clases para 3 anos, 4 anos, 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP.

in
10/09/2020 09:00
Europe/Madrid

Protocolos da Consellería de Educación

Fonte: FOANPAS

¿Qué son os protocolos?

  • Protocolo é un documento ou regulamento que indica cómo se debe actuar en determinados casos cando existe unha circunstância especial do alumnado (NEAE, absentismo, atención temperá, accidentes, etc).
  • Indícanos a resposta de: como se debe actuar no caso de …?
  • Recolle comportamentos, accións e pautas axeitadas para determinadas situacións.
  • Son un recurso dispoñible para tódolos centros e familias para funcionar como unha guía de apoio o alumnado
  • SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO
  • Van dirixidos a tódalas partes que trabalhando xuntas para o benestar do alumnado; familias, profesionais educativos, terapeutas, sanitarios.
  • Son recursos que apoian os centros, ás familias e os profesionais de outros ámbitos para que as persoas (alumnado) poidan desenvolver o seu máximo potencial.
  • Tódalas persoas temos puntos fortes e febles, pero todas temos capacidades.

Así, os PROTOCOLOS actualmente existentes son:

PROTOCOLO COVID19

PROTOCOLO TEA

PROTOCOLO Síndrome de DOWN e Discapacidade intelectual

PROTOCOLO Urxencias sanitarias e enfermidades crónicas

PROTOCOLO ADDENDA Diabete

PROTOCOLO Atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais

PROTOCOLO sobre TDAH educativo e sanitario

PROTOCOLO Atención educativa domiciliaria

PROTOCOLO de atención educativa ao alumnado con Discapacidade auditiva

PROTOCOLO detección, prevención e tratamento do acoso escolar e ciberacoso

PROTOCOLO intervención do risco suicida

PROTOCOLO de identidade de xénero

PROTOCOLO Atención Temperá

PROTOCOLO absentismo escolar

PROTOCOLO protección datos

Comunicado do Claustro do CEIP de Refoxos

in

Medidas solicitadas á Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

A situación provocada polo COVID-19 a nivel global evidencia a importancia fundamental para calquera sociedade de contar cuns sólidos servizos públicos, universais e de calidade. Se algo está a amosar o momento actual é que a vertebración dunha sociedade así como o seu nivel de desenvolvemento e calidade democrática mídense de xeito central pola fortaleza do seu sector público.

A comunidade educativa é plenamente consciente do papel fundamental que xogan os centros educativos como elementos de vertebración social. A fin das clases presenciais constatou unha realidade que se foi forxando durante décadas de recortes e privatizacións do sistema público en xeral, e do educativo, en particular. O peche das aulas supuxo tamén a evidencia das enormes diferenzas sociais que existen hoxe na nosa sociedade. Ducias de alumnas e alumnos do noso centro, e milleiros en todo o estado, viron flagrantemente vulnerado o seu dereito á educación posto que a súa situación socioeconómica non lles permite sequera contar cos recursos mínimos para poder continuar o proceso educativo a distancia.

As persoas que formamos parte do sistema educativo entendemos que o noso cometido é central para a conformación dunha sociedade mellor día a día. Entendemos que a educación é o alicerce necesario para tecer o futuro e para iso precisamos facer unha construción rigorosa da mesma baseada en criterios pedagóxicos, democráticos e científico-técnicos.

As consecuencias da pandemia provocada polo coronavirus no funcionamento do sistema educativo galego iniciáronse o xoves 12  de marzo cando o Presidente da Xunta de Galicia anunciou a paralización, a partir do luns 16, do ensino presencial. Desde o propio momento do anuncio, coñecido nos centros educativos a través dos xornais dixitais e a piques de finalizar a xornada escolar matinal, a sociedade en xeral, e a comunidade educativa en particular, iniciou unha etapa sen precedentes.

A fase inicial desta nova etapa -coa declaración do Estado de Alarma, as terribles cifras de persoas afectadas, contaxiadas e falecidas e o foco da atención na resistencia dos compañeiros e compañeiras do sistema sanitario- está aparentemente superada dende o pasado luns 11 de maio. Por este motivo, entendemos que podemos facer un primeiro balance da situación.

Aínda entendendo que vivimos unha situación excepcional, consideramos que nestes tres meses de crise a Consellería de Educación xestionou a emerxencia con escasa coordinación, falta de información, inexistencia de directrices claras e deficiente política de comunicación. Non conseguiu adaptarse á realidade dos centros nin ás problemáticas e especificidades dos distintos sectores da comunidade educativa.

Resulta inadmisible que perante esta emerxencia sen precedentes a Consellería de Educación asuma que o profesorado é quen debe xestionar a situación por si mesmo. O traballo docente sostense, nunha porcentaxe abrumadora, polas colaboracións entre profesionais e o emprego de recursos persoais achegados polos docentes: ordenadores, conexións, teléfonos móbiles, aplicacións, etc. O nivel de estrés e fatiga multiplícase con xornadas laborais que en moitas ocasións supoñen un incremento horario semanal superior ao dobre de horas, ao que ademais hai que sumar unha dispoñibilidade horaria sen restricións. A nosa privacidade vese afectada pola urxente necesidade de manter o contacto co alumnado e por carecer dunha canle apropiada que a preservase. A conciliación da nosa vida laboral coa persoal é, en moitísimas ocasións, simplemente nula.

Fíxose así por implicación co noso alumnado, e por compromiso profesional. En todo o proceso, as direccións dos centros non deixaron de lado a tramitación de tarefas burocráticas e administrativas, que sobrecargaron se cabe máis a xornada laboral. Tanto os equipos directivos como todo o profesorado desempeñaron labores que ían moito máis alá das súas funcións.

O alumnado viviu a crise en primeira persoa, con contextos socioculturais, económicos e familiares moi diversos, aos que en moitos casos a administración non puido dar resposta. Alumnas, alumnos e as súas familias, seguiron nestes meses a evolución dos acontecementos con incerteza, a mesma que segue presente nestes momentos á espera de que se tomen decisións clave para rematar o curso, como a de non regresar ás aulas.

As traballadoras e os traballadores do ensino non podemos seguir permitindo que os nosos dereitos sigan sendo conculcados por quen ten a obriga de os garantir. Non queremos recoñecemento nin palabras baleiras que non conducen a ningunha parte. A nosa vontade é poder exercer un traballo efectivo e de calidade en condicións de certeza, dignidade e seguridade. Esiximos que a Administración nos dote dos medios e a formación necesarios que nos permitan prestar o mellor servizo á cidadanía de xeito eficaz e seguro. Esiximos participar na toma de decisións no ámbito educativo. E por suposto, esiximos que a situación sexa abordada dende un punto de vista técnico e próximo á realidade, atendendo á seguridade e saúde da comunidade educativa.

As docentes e os docentes, defendemos de xeito rotundo que o alumnado poida exercer un dereito humano básico, recollido na Constitución, como é o dereito á educación. Nun marco de respecto aos principios democráticos, debe primar sobre calquera outra consideración que todas as alumnas e alumnos reciban unha educación que garanta o seu pleno desenvolvemento como persoas. Por este motivo, os poderes públicos teñen o deber de fornecer ao alumnado de todo canto for necesario para que ese dereito sexa completamente respectado. No caso da Educación Infantil, debido ó nivel madurativo no que se atopan, resulta inviable organizar unha aula mantendo as distancias de seguridade, sen tocarse, sen meter as mans e cousas na boca, sen compartir materiais e xoguetes... e para os cales o traballo a distancia (só factible para reforzar conceptos básicos) é imposible sen un adulto que os axude. Pero se algún caso destaca é o alumnado con necesidades educativas específicas ou, sobre todo, aquel con situacións familiares de violencia ou desestruturación grave, cuxos dereitos vense vulnerados en múltiples planos.

Agora xa se coñece o enorme potencial infeccioso do COVID-19 e as vías que emprega para se espallar. O sistema educativo, tal e como está deseñado, é inoperante e inseguro neste contexto. Nin se pode garantir a imprescindible separación entre persoas nin a correcta e constante desinfección dos centros. Na situación sanitaria actual, non se pode descartar a ameaza dun retroceso grave e a consecuente volta ao confinamento e á parálise do sistema. Temos asumido un risco moi serio: as persoas contaxiadas e falecidas cóntanse por decenas de miles. Non pode volver a pasar.

Vistas estas consideracións, os docentes e as docentes do sistema público de ensino demandamos dos poderes públicos unha serie de medidas que contribúan decisivamente na mellora real do sistema educativo.

1ª. Avaliación e inspección das condicións sanitarias e de seguridade e hixiene dos centros educativos, con asesoramento real, e coa achega dos materiais precisos. Fornecer á comunidade educativa dos medios de protección necesarios para garantir o seu dereito á saúde no traballo coa debida anticipación.

2ª. Información clara, anticipada e directa por parte das persoas responsables da Consellería de Educación, de todas as decisións e medidas que se adopten, contando cos distintos sectores da comunidade educativa e mellorando a comunicación.

3ª. Apoio e acompañamento ás necesidades do alumnado, familias, persoal non docente, e profesorado, con dotación de recursos de hardware e software, soporte e asesoramento técnico e cursos de formación.

4º Instamos á Consellería a facer un censo estrito, rápido e con actualizacións periódicas, da situación de conectividade do alumnado e profesorado de toda Galicia. E unha aplicación para a tramitación das axudas que se puidesen solicitar.

5ª. Proceder xa a implementar e facilitar os procedementos administrativos de xeito telemático, (matrícula, admisión, fondo libros, comedores escolares, etc.) para diminuír o tráfico de persoas.

6ª. Programar unha volta ao curso 20/21 que cumpra coas medidas de seguridade necesarias, e coas garantías de apoio e axuda ao alumnado. Ter en conta a necesidade e urxencia de apoiar ao alumnado máis desfavorecido nesta crise, que precisa de reforzos ou necesidades educativas especiais, aumentando os cadros de persoal de profesorado, diminuíndo a ratio por aula, e adiantando contratos programa como o de Refórza-T ao mes de setembro. É imprescindible a información das medidas a adoptar, en tempo e forma, para poder organizar e preparar o vindeiro curso.

7º Flexibilización dos prazos administrativos referentes á xustificación de programas educativos, memorias, etc.

8ª. Utilizar o momento vivido para dar un salto adiante na aplicación das novas tecnoloxías en toda a educación galega e establecer unha nova metodoloxía e xeito de entender o ensino.”

Distribuir contido