Novas

Campamento de verán do concello

in

 

O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 29 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Esta proposta de conciliación familiar e lecer infantil incluirá xincanas, actividades na natureza, pintura, música, cociña e xogos. 

O campamento é unha iniciativa de Matrácala e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (de 9.00 a 14.00h) e ten un custo de 90 euros o mes completo e 60 euros a quincena.

As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse no correo electrónico info@matracala.es. O prazo de inscrición estará aberto desde o venres 17 de xuño ata o día 22.

 

Día da familia: Andaina polo Esteiro do Miño

Queridas familias:

A temporalización para a andaina de mañá vai ser:

  • 10h Inicio na igrexa de San Lourenzo de Salcidos.
  • 11:30h Merenda na zona do observatorio ornitolóxico.
  • 13h Remate no porto da Pasaxe.

As crianzas van ir con nós no autobús, pero tamén podedes traelas vós ao punto de encontro. Se ao finalizar queredes levalas xa con vós deberedes traer cuberto este impreso.

Un saúdo

A dirección e o Claustro.

Día sobre rodas

in

Queridas familias:

Todos os días compartimos coas crianzas palabras como honestidade, responsabilidade e respecto tanto cara un/ha mesmo/a como cara quen nos acompaña no día a día.

Desde que comezamos a organizar o "Día sobre rodas" acordamos coas crianzas dúas normas: que quen quixese participar tiña que traer proteccións e casco, e que as bicicletas non podían vir no autobús.

No segundo trimestre houbo persoas que trouxeron a bicicleta no autobús incumprindo unha das normas e esa decisión converteu unha actividade pensada para pasalo ben e gozar do tempo xuntos/as nun foco de malestar e incomodidade entre as crianzas.

Estamos seguros/as de que no ánimo de todos/as está evitar que estas situacións volvan ocorrer, polo que pedimos a vosa colaboración para que reforcedes desde a casa o sentimento de pertenza á comunidade escolar que estamos fomentando nas aulas. Unha comunidade que se preocupa polo seu benestar e que conta con obrigas e normas que é preciso cumprir.

Con ese obxectivo, informámosvos de que as bicicletas que cheguen ao colexio no autobús escolar quedarán aparcadas no patio cuberto ata a súa recollida.

Un saúdo 

A dirección e o Claustro 

Bicicletas no "Día sobre rodas"

Queridas familias:

Unha vez máis precisamos da vosa colaboración, esta vez para a organización do día sobre rodas.

O que procuramos desde o comezo foi que a organización do día dedicado aos patíns e patinetes afectase o menos posible as rutas do transporte escolar por iso lles pedimos as crianzas que no caso de queres utilizar unha bicicleta fosen as familias as que se encargasen de traelas

Merenda cos Bolechas

Pinchade na imaxe.

Voluntariado biblioteca

Queridas familias:

Moitísimas grazas a todas as nais que nos acompañáchedes na xuntanza de formación e coordinación do voluntariado de biblioteca.

Somos conscientes de que moitas persoas non puidéchedes asistir debido a todas esas responsabilidades que asumides día a día e que son prioritarias. Por iso, queremos abrirvos unha porta de participación a través de Internet.

Aínda que sabemos que atravesamos tempos complicados a causa da COVID, un dos temas dos que falamos foi a recollida de ideas para organizar actividades que impliquen a todos os membros das familias e non soamente ás crianzas. Fixemos unha pequena listaxe, pero seguro que coa vosa axuda poderemos mellorala.

Se tedes algunha proposta que credes que podería ser interesante non o pensedes dúas veces e  enviádenola a:

ceip.refoxos@edu.xunta.gal 

 

Grazas de novo por todo o que facedes cada día para apoiar ao colexio.

Un saúdo

 

A dirección e o Claustro

30N Xuntanza voluntariado biblioteca

30/11/2021 16:30
Europe/Madrid

Xuntanza de coordinación das persoas que van abrir a biblioteca escolar os martes pola tarde.

Notificacións ABALARMóbil

Para solventar o erro é preciso revisar os axustes das notificacións do seu dispositivo, a continuación indicamos como facelo:

Android

Depende da versión:

Antigas (6 ,7 e 8):

1. Axustes> Administrar aplicacións, e seleccionar Abalarmobil.

2. Unha vez en Abalarmobil, seleccionar notificacións e revisar que estean activadas.

En últimas versións (a partir da 9):

1. Axustes> Aplicacións e notificacións, (depende da version despois hai que seleccionar notificacións e logo notificacións de aplicacións ou notificacións de aplicacións directamente).

2. Unha vez se véxan todas as aplicacións revisar que Abalarmobil estea activada (en verde), tamen hai un boton xeral en que se ve se estan activadas as notificacións para todas as aplicacións, pero poden estar activas e denegadas só para Abalarmobil polo que sempre hai que revisar que Abalarmobil este activa.

 

IOS

1. Asegurarse de que a app admite notificacións. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e asegúrarse de que Permitir notificacións estea activado.

2. Se as notificacións están activadas para unha app, pero non reciben avisos, é posible que non seleccionasen as tiras. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e, a continuación, seleccionar Tiras.

 

Distribuir contido