Día sobre rodas

in

Queridas familias:

Todos os días compartimos coas crianzas palabras como honestidade, responsabilidade e respecto tanto cara un/ha mesmo/a como cara quen nos acompaña no día a día.

Desde que comezamos a organizar o "Día sobre rodas" acordamos coas crianzas dúas normas: que quen quixese participar tiña que traer proteccións e casco, e que as bicicletas non podían vir no autobús.

No segundo trimestre houbo persoas que trouxeron a bicicleta no autobús incumprindo unha das normas e esa decisión converteu unha actividade pensada para pasalo ben e gozar do tempo xuntos/as nun foco de malestar e incomodidade entre as crianzas.

Estamos seguros/as de que no ánimo de todos/as está evitar que estas situacións volvan ocorrer, polo que pedimos a vosa colaboración para que reforcedes desde a casa o sentimento de pertenza á comunidade escolar que estamos fomentando nas aulas. Unha comunidade que se preocupa polo seu benestar e que conta con obrigas e normas que é preciso cumprir.

Con ese obxectivo, informámosvos de que as bicicletas que cheguen ao colexio no autobús escolar quedarán aparcadas no patio cuberto ata a súa recollida.

Un saúdo 

A dirección e o Claustro