Ponlle sabor á túa vida

Entroido: Desfile

 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 22-23 -> Entroido: Desfile

Entroido: Meco

Álbum: Curso 22-23 -> Entroido Meco

Entroido: Obradoiros de cociña saudable

Álbum: Curso 22-23 -> Entroido: Obradoiros de cociña saudable

17F Festa de Entroido

Queridas familias:

O tema do proxecto que temos en marcha este curso é a ALIMENTACIÓN SAUDABLE polo que os disfraces de Entroido das crianzas deberán ter relación coa cociña, as receitas e os alimentos que son bos para coidar a saúde e nos aportan benestar.

Estades convidadas a participar na festa que empezará ás 11:30h. Se vos animades podedes vir disfrazadas e aportar doces tipicos destas datas para compartir. Degustaremos tamén os pratos preparados polas crianzas nas aulas durante a primeira parte da mañá.

Os mandados do Meco comezarán como todos os anos o luns desa semana. Non é obrigatorio participar, polo que vos pregamos que deixedes ese tema nas mans das crianzas. 

 

30X Día da Paz: Wagari Maathai

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Paz

19D Visita a O Rosal

Queridas familias:

Ante a previsión de chuvia para a saída do luns decidimos facer os seguintes cambios:

A dirección e o Claustro.

Adornos para a nosa árbore de Nadal

Queridas familias:

A poucas semanas da chegada do Nadal propoñémosvos unha nova actividade para que a compartades coas crianzas.

A semana que ven imos comezar a montar a árbore e como o tema do proxecto deste curso é "Ponlle sabor á túa vida" precisamos que as crianzas traían adornos para colgar, feitos na casa, que reflictan o que significa a alimentación saudable para vós. Poden conter imaxes, palabras, frases...

Data límite: Mércores 7 

Moitas grazas!!

24O Inauguramos o curso escolar na biblioteca

Cal será o noso proxecto este curso?

 

Horario da biblioteca os luns pola tarde

De 15:30h a 17:15h

Distribuir contido