Museo de Pontevedra 2010

Paula e os dinosauros

Paxariños estudiantes

Concurso Ecovoz

Este curso o noso cole foi seleccionado para participar no concurso Ecovoz. Está organizado pola Emisora Radio Voz e todas as preguntas teñen que ver coas cousas que aprendemos en Coñecemento do Medio. Bueno todas non, porque hai un tipo de pregunta especial que vale o dobre que é a pregunta SOGAMA e é á que máis voltas lle damos.

No sorteo dos emparellamentos tocounos cun colexio de Cabanas o CEIP Eladia Mariño que concursaron desde Ferrol e nos tivemos que ir a Vigo. Participamos catro (Adhara, Blas, Cristina e Magdalena) e levamos dou suplentes (David e Sergio). Como eramos tan pouquiños e non podiamos ir en autobús leváronnos a nai de Adhara, a nai de Cristina e o pai de David.

Cando chegamos veunos recibir un técnico que se chama Emilio que foi o que nos levou a visitar toda a emisora. Primeiro fomos ao estudio onde iamos gravar para deixar os abrigos e as mochilas e menudo "susto", había un montón de xente sentada mirando a través dun cristal. Resulta que ese día coincidiu que había outro cole de visita, pero marcharon enseguida.

Despois de visitar outro estudio máis pequeno, a discoteca e a "pecera" onde traballan os técnicos que axudan aos locutores dándolles indicacións, Blas tivo que facer as probas de son xa que el é o noso voceiro.

Así que case é mellor que sexa el quen vos conte a aventura do que foi o concurso:

"No concurso, todos estabamos moi nerviosos. Soou unha musiquiña en sinal de que o concurso comezaba, e empezou! Concursabamos co colexio "Eladia Mariño de Ferrol e Iago (o que facía as preguntas) preguntounos o nome.

Un sorteo a cara ou cruz decidiu quen empezaba a concursar... e tocounos a nos.

Primeiro preguntáronnos a nos, pero fallamos e no rebote acertaron os do outro colexio. Despois pasou o mesmo pero a favor noso. logo acertamos os dous equipos eeehh..... Chegou a pregunta que podía cambiar todo, a pregunta SOGAMA!!! Pero nin os de Ferrol nin nos a acertamos. A quinta pregunta contestámola ben e os nenos do Eladia Mariño tamén.

Xa non había máis preguntas excepto a do desempate, e sorteamos quen a respostaba mirando a ver quen dicía o nome do seu colexio máis rápido e.... Gañamos!!! Dixemos Refoxos a mil por hora, pero aínda habia que respostar a pregunta, e Iago formulouna:

- Cales son as fontes de enerxía non renovables?

E nos contestamos:

- O petróleo, o gas natural e o carbón.

E ao final si. GAÑAMOS!!!

Esta rolda claro porque aínda quedan máis días e máis unidades que estudar.
Ao final de todo, todos nos demos un abrazo. Despois merendamos nun parque que estaba alí ao lado, e para casa, moi contentos eso si."

Blas (3ºCiclo)

Entroido 2010

Ola somos as carapuchiñas da aula de infantil e non nos da medo lobiño ningún.



Nos somos as ratiñas presumidas do 1ºCiclo pero non comemos queixo, gústanos máis mover os nosos bigotes papando filloas e orellas a eito.

 

Estes personaxes tan guapos e con cara de pillos somos nos os trasnos do 2ºCiclo, se algo desaparece ou non está no seu sitio aaaah..... nos non fomos!.

 

Benvido todo o mundo a Nuncaxamais onde Peter Pan e Campanilla teñen o seu fogar, somos os de 3ºCiclo.

E todos xuntos presentámosvos ao noso Meco deste ano, que ata non estivo moi repunante coas suas consignas durante a semana. Ah! Tamén podedes ver colgadas as piñatas que fixemos coa axuda dunha asesora de excepción.

Día da Paz 2010

Este ano polo dia da paz fixemos un mural entre todos na parede do patio cuberto. Empezaron Saúl e Nerea xa o día anterior facendo as siluetas dos debuxos en borrador e a mañá do 29 foron baixando todas as aulas para rematar de perfilar e colorear os debuxos e as letras.


Os primeiros foron os "maiores" , as nenas e os nenos da aula de 3ºCiclo comezaron a tarefa perfilando os debuxos que quedaran feitos do dia anterior e empezaron a colorear primeiro sos e despois cos de 2ºCiclo.

Despois baixou a aula de 1ºCiclo que estaban desexanto coller os pinceis tamén e puxéronse mans á obra de inmediato.

Cando chegaron os pequerrechos comezou a festa na zona azul e todos empezamos a cantar e a bailar coa profe Olga. Eran todas cancións relacionadas coa Paz.

Os únicos que faltaban por pintar no mural eran os nenos e nenas de infantil así que mentres os demais bailabamos e cantabamos eles e elas foron deixando a pegada da súa man na parede con pintura de dedos.

Cando xa estaba todo terminado de pintar sentámonos diante da árbore (ata no día da paz se nota que somos un cole "Voz Natura") das pombas da paz e fomos dicindo por turno unha palabras para que a escribiran Magdalena, Inés e Ana.

Ao final subimos á biblioteca ver unha curtametraxe de debuxos animados na pizarra dixital. Desde logo é case o mesmiño que estar no cine, unha boa película en boa compaña.

Paula e os Dinosauros

As veces ocorren cousas como esta. Un día atopamos algo no libro de texto que da pé a algo máis e acaba cobrando vida propia. Neste caso como nos explica Paula do 1ºCiclo os dinosauros saltaron do libro de Coñecemento e remataron nun "librosauro".

 

Distribuir contido