Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2011

Do 6 de febreiro ao 19 de marzo de 2011

Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano queremos afondar nun deses comportamentos: a mentira.

Queremos de verdade descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura, e como non! ver a mentira das vosas propostas plásticas.

A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso.

A literatura para os maiores tamén está inzada de mentiras, Sancho Panza mente en beneficio de si mesmo e do seu amo sempre que lle convén, e que podemos dicir cando Jorge Luis Borges fala de que “la literatura es la mentira”? . Atrevémonos coa mentira fabulada na obra de Álvaro Cunqueiro?

Solicitude de inscripción do alumnado que se matricule por primeira vez no centro

in

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do Libro de Familia, folla correspondente @ nen@.
  • Fotocopia da cartilla de vacinación.
  • Fotocopia da Cartilla da Seguridade Social.
  • Fotocopia do D.N.I.  d@ nen@,  e de todos os membros da familia que convivan c@ nen@.
  • Impresos de inscripción cubertos e asinados  (facilitados no centro).
  • Impreso de autorización para uso do transporte escolar (para Educación Infantil, facilitado no centro).
  • 2 fotos tamaño carnet.

 

O impreso de inscripcion pode cubrirse directamente na web da Consellería de Educación ANEXO II. Despois debe imprimirse para asinalo e entregalo na secretaría do centro acompañado do resto da documentación.

Ballet Clásico

Ler está de moda

O ciclo da auga na área de inglés

in

 Os dias  19 e 20 do mes de Xaneiro, mércores e xoves respetivamente, os nenos/as do segundo ciclo do CEIP Refoxos, traballaron o ciclo da auga na área de Inglés como contido transversal.

 

A profesora debuxou na pizarra varios elementos naturais e escribiu ó seu caron cadanseu nome en Inglés.

 

 

A continuación, a mestra nomea cada elemento  e os nenos/as repiten as novas palabras  varias veces para conseguir interiorizar o novo vocabulario.

 

De seguido,  a profesora vai sinalando os diferentes debuxos ó tempo que nomea a diferentes alumnos para que digan en voz alta os nomes dos elementos  da pizarra.

 

Despois a  profesora escribe un número ó lado de cada debuxo. Desta maneira, si a profe di un número, os alumnos terán que dicir o nome do elemento natural e, viceversa, si a profe di  algún número, eles terán que dicir o seu número correspondente. A actividade se repite varias veces cada vez máis rápido.

 

Unha vez que os alumnos/as teñen xa interiorizado o novo vocabulario, faise unha chuvia de ideas sobre o que saben do ciclo da auga. Unha vez tódolos alumnos/as aportan as súas ideas, a partir delas  a profesora explica o ciclo da auga e logo os nenos/as intentan coa axuda da mestra, elaborar unha explicación do ciclo utilizando expresións e palabras en inglés.

 

Finalmente, se lle entrega aos alumnos/as  unha ficha para praticar os contidos traballados na case.

 

No primeiro exercicio aparecen catro imáxenes que ilustran os diferentes momentos do ciclo da auga e eles/as teñen que numeralos por orde lóxica.

 

Por último, o segundo exercicio consta dun texto en inglés no que se explica detalladamente o ciclo da auga e os alumnos/as terán que completar os ocos en branco coas palabras de vocabulario traballadas na clase.

 

En resumo, a actividade foi altamente motivadora para os rapaces/as polo seu contido natural e a súa relación coa lingua inglesa no desenvolvemento do traballo.

Curta de debuxos animados: Oscuro Cardinal

OSCURO CARDINAL
(Sinopsis)

Tras unha longa viaxe, cruzando distintas paisaxes dous nenos  o seu pai  chegan a unha casa campestre destinada a ser o seu novo fogar. Os rapaces, ansiosos por xogar, abandonan a seu pai correndo cara un denso bosque para xogar “guerrita”. Inmersos no xogo, disparando e esquivando balas de mentira, chegan a descobrir os vestixios dun tanque de guerra. Emocionados, corren a explorar a área onde se atopa o tanque, lugar onde unha vez se desatou un terrible combate. Envoltos nunha serie de inexplicables eventos, os nenos aprenderán unha lección sobre o que realmente é unha guerra. Pincha na imaxe.

 

@s nen@s tímid@s

Hai moitos nenos medrosos e tímidos, aos que lles custa relacionarse e aos que lles custa moito separarse dos seus pais. Non se senten relaxados fóra do seu ámbito familiar e parecen non gozar, como o fan os seus compañeiros das actividades de ocio. Pincha na imaxe.

Como se fai un libro a man?

 

Maís información aquí

Distribuir contido