Multa por publicidade enganosa

A tentación de confundir publicidade e información real cando estamos diante de anuncios tan eleborados e estudiados como os que nos bombardean desde os medios de comunicación é ás veces demasiado grande, sobre todo se falamos da alimentación, e en especial da dos nosos pequenos e pequenas.

Este tipo de noticias non soen aparecer nos telexornais por iso me parece importante sacar o tema aquí para facernos conscientes da importancia de explicarlle aos rapaces a diferencia e ao mesmo tempo saber o que lles estamos dando.

 

Danone debe pagar multa por exagerar beneficios de Activia y Actimel

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2010/12/101217_dannon_danone_activia...

Compostela

Compostela é desas cidades que teñen unha alma propia que te conquista nada máis poñer os pés nela. Camiñar sen presas pola zona vella, esquivando a chuvia ou o sol entre os soportais é sempre e sobre todo un pracer e unha tentación irresistible.

David Pintor captura en debuxos a maxia de Compostela: retratos da cidade acompañados de boa música

 

“Coma quen dis, un ninguén”

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

Con Memorias dun neno labrego, a novela escrita e publicada por Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), nace a literatura infantil en galego e o primeiro achegamento á lingua escrita de miles e miles de persoas.

Para min esas palabras aprendidas de memoria de tanto relelas son recordos de escola xunto co arrecendo das gomas Milán, dos lapis de cores e dos libros novos de cada comezo de curso. Foi o primeiro libro que lin en galego, e como pasa sempre so me din conta da súa importancia co paso dos anos.

 

"Coma quen dis un ninguén" é un artigo publicado en "El País" onde escritores de varias xeracións explican como leron 'Memorias dun neno labrego'

 

MÉNDEZ FERRÍN
"Fixo desparecer o labrego en abstracto"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fixo/desparecer/labrego/abstracto...

 

BIEITO IGLESIAS
"O referente é real e tópico á vez"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/referente/real/topico/vez/elpepia...

 

ANTÓN LOPO
"É un punto e final"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/punto/final/elpepiautgal/20101217...

 

SANTIAGO JAUREGUIZAR
"Conectou sentimentalmente co país"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Conectou/sentimentalmente/co/pais...

 

XABIER P. DOCAMPO
"Era un libro que falaba de min"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Era/libro/falaba/min/elpepiautgal...

 

ROSA ANEIROS
"Parecía que falaba do meu padriño"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Parecia/falaba/do/meu/padrino/elp...

 

MANUEL RIVAS
"Tiña algo de insurxente"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Tina/algo/insurxente/elpepiautgal...

 

MARILAR ALEIXANDRE
"Neira Vilas foi un pioneiro"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Neira/Vilas/foi/pioneiro/elpepiau...

 

ALBERTO LEMA
"Balbino é o noso Huckleberry Finn"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Balbino/noso/Huckleberry/Finn/elp...

 

INMA LÓPEZ SILVA
"A vida era diferente na aldea"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/vida/era/diferente/na/aldea/elpep...

 

AFONSO EIRÉ
"Descubrín que se podía escribir do que nós faciamos"

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Descubrin/podia/escribir/do/nos/f...

Agasallo, unha guía na que se dan propostas de regalos en galego para o tempo de Nadal

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, xunto coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) editaron Agasallo (www.agasallo.eu), unha guía que inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragrancias, camisolas, cinema, xogos, etc.

A vaca que puxo un ovo

A vaca Marjorie non se sente moi especial. Non pode ir en bicicleta ou facer pinchacarneiros como as outras vacas. Pero unha mañá, Marjorie queda pampa ao decatarse de algo extraordinario...

PUXERA UN OVO!

Pero perténcelle realmente a Marjorie o pequeno que está dentro do ovo? Todos están dos nervios na eira mentres esperan descubrir...

Unha oportunidade para desfrutar cos pequenos e pequenas

 

O Contomar, as sesións de contacontos que todos os luna organiza Espazo Lectura na Biblioteca de Gondomar, celebra o Nadal e a despedida do ano 2010 co concerto do libro disco editado por KALANDRAKA “Tic-Tac“, de Pablo Díaz. Será este domingo día 19 no auditorio Lois Tobío de Gondomar, a partir das 12.00 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Liu Xiaobo Premio Nobel da Paz 2010

in

Liu é profesor da Universidad de Pekín e ten 54 años. Está condenado a 11 anos de cárcere por colaborar na elaboración de manifestos de artistas e activistas chinos a favor dos Dereitos Humanos.

Vargas Llosa: Discurso de aceptación do Nobel de Literatura

"A lectura convertía o soño en vida e a vida en soño e puña ao alcance do anaco de home que era eu o universo da literatura"

Distribuir contido