2010 Ano de Miguel Hernández

 

Esta é a portada do caderno que o poeta fixo a man no cárcere de Alicante, con dous dos contos que escribiu: "El potro oscuro" e "El conejito". Escribiunos e encadernounos como regalo para o seu fillo Manuel Miguel, ao que lle gustaba chamar Manolillo. No cárcere entregoullos á súa muller, Josefina Manresa, que os conservou na intimidade familiar sen publicalos mentres viviron ela e o seu fillo.

 

  

  

EL POTRO OBSCURO 

 Una vez había un potro obscuro. Su nombre era Potro Obscuro. Siempre se llevaba los niños y las niñas a la gran ciudad del Sueño. Se los llevaba todas las noches. Todos los niños y las niñas querían montar sobre el Potro Obscuro.

Una noche encontró a un niño. El niño dijo:

Llévame, caballo pequeño, a la gran ciudad del sueño!

-¡Monta! -dijo el Potro-Obscuro. Montó el niño y fueron galopando, galopando, galopando.

Pronto encontraron en el camino a una niña. La niña dijo: Llévame, caballo pequeño, a la gran ciudad del sueño.

-Monta a mi lado -dijo el niño.

Montó la niña y fueron galopando, galopando, galopando.

Pronto encontraron en el camino un perro blanco.

El perro blanco dijo:

-Guado, guado, guaguado! A la gran ciudad del sueño quiero ir montado!

-Monta! –dijeron los niños.

Montó el perro blanco y fueron galopando, galopando, galopando.

Pronto encontraron en el camino una gatita negra.

La gatita dijo:

Miaumido, miaumido, miaumido! A la gran ciudad del sueño quiero ir que ya a obscurecido!

-Monta! –dijeron los niños y el perro blanco.

Montó la gatita negra, y fueron galopando, galopando, galopando.

 

 

Pronto encontraron en el camino una ardilla gris.

La ardilla gris dijo:

Llevenme ustedes, por favor, a la gran ciudad del sueño donde no hay pena ni dolor!

-Monta! –dijeron los niños, el perro blanco, y la gatita negra.

Montó la ardilla gris y fueron galopando, galopando, galopando.

Galopando y galopando, hicieron leguas y leguas de camino.

Todos eran muy felices. Todos cantaban, y cantaban y cantaban.

El niño dijo:

-Deprisa, deprisa, Potro-Obscuro! Ve más deprisa! –pero el Potro Obscuro no podía ir deprisa. El potro obscuro iba despacio, despacio, despacio.

Había llegado a la gran ciudad del sueño.

Los niños, el perro blanco, la gatita negra y la ardilla gris estaban dormidos. Todos estaban dormidos al llegar el Potro obscuro a la Gran Ciudad del Sueño.

Informe PISA: Competencia Matemática e Comprensión Lectora

in

Ata o de agora ás matemáticas estivéronse impartindo en galego con toda normalidade. Nesta gráfica extraída da páxina 80 do informe internacional PISA vese claramente que os resultados do alumnado galego superan a media de España.

 

Por outra banda, no apartado da Comprensión Lectora tamén figuran por enriba.

 

http://www.educacion.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009-informe-espanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

 

Temos que seguir traballando para obter cada vez mellores resultados, pero...

Cómo podemos interpretar estes datos?

As matemáticas e os resto das "ciencias" poden ser impartidas e aprendidas en galego?

Dificulta a aprendizaxe de contidos o feito de que estes sexan traballados en galego?

O Pais Vasco, Navarra ou Cataluña están entre os primeiros postos, o feito de aprender en dúas linguas perxudica os resultados do noso alumnado?

Estudios publicados na revista ‘Science’: Ser bilingüe aos cinco anos axuda a pensar mellor

  • Ao aprender outras linguas créanse vías neuronais que motivan a aprendizaxe
  • Coñecer dous idiomas desenrola a capacidade para razoar máis rápido

Varias investigacións recentes aseguran que adquirir un segundo idioma antes de cumprir os cinco anos non so facilita a súa aprendizaxe, senón que tamén mellora o rendemento do cerebro. A recompilación destes estudios aparece na revista Science.

http://www.sciencemag.org/content/330/6002/332.summary

Se os nenos e nenas aprenden outro idioma mentres coñecen letras e números, o seu desenrolo cerebral será mellor.

Jared Diamond, da Universidade de California nos Ánxeles, asegura que, ao contrario do que se cría, aprender aos nenos e nenas pequenos máis dun idioma non os confunde, senón que “da vantaxes que poden servir toda a vida”.   

Cando se aprende un idioma utilízase unha parte do cerebro que non só recoñece as palabras, senón tamén os seus sons, os olores asociados con elas e as súas imaxes.  

“Para concentrarnos nalgo temos que bloquear o 99% deses estímulos e concentrarnos no 1% restante, o relacionado co obxecto”, cita o artigo.  

“Ese proceso de selección reside na cortiza prefrontal e se desenrola antes dos cinco anos de vida”, engade o documento.   

 

 

Este traballo involucra habilidades administrativas que son máis fáciles para quen é bilingüe.

“A xente que fala un idioma recorre só a un ‘compartimento’ de información para entender o que ve, en cambio os bilingües necesitan buscar en dúas zonas distintas, cada unha correspondente a un idioma”, di Diamond.

“Isto fai aos cerebros bilingües máis hábiles para tomar decisións, para adaptarse a novas regras e para aprender”, engadiu.

Lorena Pizarro, neuróloga infantil, explica que calquera estímulo durante a etapa de maior plasticidade neuronal do cerebro fai que este se modifique “creando redes neuronais de mellor calidade”. Esa etapa de ouro vívese antes dos cinco anos. Ao aprender distintos idiomas “úsanse distintas vías neuronais, o mesmo pasa ao aprender a tocar un instrumento ou ao ler partituras de música”.

“Cada idioma se internaliza de maneira distinta. Ademais de ter sons diferenciados entre eles, hai algúns onde un mesmo son ten máis dun significado”, di.

Cada traballo produce novas conexións no cerebro “ás que se poderá botar man no futuro para outras cousas”, indica Pizarro.

Diamond conta que os bebés “aprenden a discriminar os sons das distintas linguaxes. Se un neno ou nena escoita soamente xaponés perde a capacidade de distinguir as consonantes ‘l’ e ‘r’ utilizadas no inglés”.

Pizarro opina que non basta con aprender aos nenos unhas poucas palabras noutro idioma.

 “A aprendizaxe debe ser sistemática para que permaneza no tempo”, comentou.

 

Retardar o alzhéimer

Cando se fala máis dun idioma, o cerebro traballa constantemente o dobre. Por esa actividade duplicada, a cabeza está por máis tempo en forma e podería aprazar a aparición de signos do alzhéimer, segundo un estudio canadiense.

O neurólogo Patricio Fontes explica que a densidade de conexións neuronais pode estimularse de diversas formas.

“A activación mental exercítase con actividades como aprender outro idioma ou adquirir habilidades coa computadora”, di.

As persoas bilingües poderían ter cerebros mellor preparados para enfrontar esa enfermidade, pero no están exentos de padecela, asegura.

Lorena Guzmán H. El Mercurio de Chile / GDACopyright © Grupo de Diarios América-GDA/El Mercurio/Chile. Todos los derechos reservados.

"Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu pasamento".

Recursos educativos sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro elaborado polos CEIP Fernández Latorre (A Coruña), Wenceslao Fernández Flórez (Cambre), Praia de Quenxe (Corcubión) e Galán (Oseiro-Arteixo).

Rosalía de Castro (díptico escolar)

Orgullos@s do galego

in

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.

 

O Apalpador, protagonista do Nadal

O Apalpador é unha figura mítica presente na tradición do Nadal galego das provincias de interior desde moi antigo.

Nesta estrevista André Seoane Antelo, da Gentalha do Pichel, e Xoan Gonzales Outeiro, autor dun conto sobre o Apalpador, explicannos un pouco a súa hitoria.

Podedes descargar o conto de Xoán aquí.

 

O Sabor da Aventura está no Mar

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un “superpoder” vencellado a cada unha destas especies: sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada.

Os Arroases detectaron desde hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe, e están dispostos a facer que as cousas cambien. Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles!

Para iso póñense en contacto cun pescador, Luís, e cunha cociñeira, Dona Mariña.

Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos.

http://osabordaaventuraestanomar.com/

Distribuir contido